"YO ABELENDA"

"Yo Abelenda é o título da exposición retrospectiva que sobre o polifacético artista coruñés Alfonso Abelenda podemos visitar na sede que a Fundación Abanca ten na Coruña.

Como xa recollen no texto introductorio da exposición, Abelenda non resulta sinxelo de describir. Da súa maxistral mestura de arte, ironía e vida xurde este personaxe que foi estudante de arquitectura en Madrid, campión de España dos 110 metros valos, xogador de rugby, estudante de ciencias exactas, actor, tertuliano do Café Xixón, lexionario en Marrocos, incansable viaxeiro, membro da Real Academia das Belas Artes de Galicia, humorista e sobre todo, pintor.

Con este curriculúm intuiredes que ben merece unha visita a expoción, así que estades a tempo ata o vindeiro 8 de xuño. E por se non tedes oportunidade de achegarvos ata a Coruña, deixovos o enlace para facer unha visita virtual:
https://www.afundacion.org/es/visitas-virtuales/vista/yo-abelenda




Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"