XUNTANZA COS PELUSOS LECTORES

Hoxe tivemos reunión co Club de Lectura da ESO. A última obra será As aventuras de Pelusa, de Xelucho Abella Chouciño, exprofesor do noso instituto. O libro é unha fermosa fábula na que os animais lles dan fermosas leccións ás persoas, e todo ambientado nese potentísimo marco natural que é a costa malpicá, concretamente o Monte de Beo e a contorna da capela de Santo Hadrián do Mar. Por certo, acaban de quitarlle o recebo branco (grave erro!) á ermida, e xa non volverá ter esa apariencia de pombiña pousada no verdor do monte.

Os alumnos disfrutaron dunha chocolatada, mentres o responsable de club lles falaba un pouco do argumento e da bonita historia de Pelusa e demais cans protagonistas.


Despois, no taboleiro da entrada, explicóuselles algúns pormenores sobre a contorna, como as pedras lendarias de Santo Hadrián (as pegadas dos pés, e a serpe que el matou) e O Portiño, célebre refuxio para os homes de mar malpicáns durante séculos.


Noraboa a estes valentes lectores por participar no club: Alicia Cristóbal Suárez, María Ramos Casal, Yanira Castro Rojo, Héctor Rodríguez Castro, Mar Centeno Longueira e Aldara González Pombo. Incorporouse máis tarde Elena Torrado Rama, mentres que Brenda Rodríguez García non puido asistir.

Esperemos que para o ano vindeiro sigan con ganas de ler. 



Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

POESÍA Y REDES SOCIALES