X CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA DO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO



X CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA DO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

O EDLG e o equipo de Biblioteca do IES EDUARDO PONDAL de Ponteceso convoca o xa tradicional certame de creación literaria que vai pola súa décima edición.

Haberá DÚAS MODALIDADES de participación:

 POESÍA: un poema ou conxunto de poemas breves, en dúas copias mecanografadas a dobre espazo e con letra tamaño 12. Adxuntarase nun sobre pechado en cuxo exterior figure o título e mais un pseudónimo, e no interior: nome, curso e grupo. A temática é libre.

 RELATO CURTO: unha narración cunha extensión máxima de 5 páxinas, en dúas copias tamaño folio, por unha cara, mecanografadas a dobre espazo con letra tamaño 12. Adxuntarase nun sobre pechado en cuxo exterior figure o título e mais un pseudónimo, e no interior: nome, curso e grupo. O conto ten que estar ambientado na contorna pola vinculación de Antón Fraguas,  autor homenaxeado este ano 2019 no Día das Letras Galegas, co estudo do propio territorio.


As composicións entregaranse á coordinadora do EDLG (Eva García Reino) ou na Biblioteca ao profesorado que estea de garda.

Haberá un premio por cada modalidade.

O prazo de entrega será ata o 31 de maio.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"