UNHA EXPERIENCIA ELECTORAL

Sabe o alumnado de historia, sexa da ESO ou do Bacharelato, que a historia que estudamos é ante todo a historia política das nacións. Son os acontecementos políticos, coas súas implicacións sociais e económicas, os que conforman o que entendemos por historia. É verdade que hai outras vertentes, como a historia cultural ou a historia da vida cotiá, ambas de grande interese, mais é imposible abordalo todo.

Sabe ese mesmo alumnado que moitas, moitísimas veces, falamos de política, dun xeito máis ou menos neutral, máis como observadores que como militantes. Cando abordamos determinados conceptos históricos, non queda outro remedio que aludir á política que nos afecta a todos, pois o home é, como dixo Aristóteles, un "animal político". Conceptos como liberalismo económico ou neoliberalismo, populismo, dereita  e esquerda, etc, etc... lévannos a falar do PSOE, do PP, de Cs, de Unidas Podemos e do que saia. E así debe ser, porque a política nos afecta a todos.



Pois ben, o venres véspera da xornada de reflexión fixemos un ensaio de votación na biblioteca, con todas as formalidades posibles: constitución de mesa electoral, papeletas e sobres auténticos, acreditación con DNI, reconto e levantamento de acta...

Os resultados son bastante representativos do que a sociedade española decidiu dous días despois: PSOE (5 votos), BNG (4), PP (3), Unidas Podemos (2), branco (1), sen ningunha abstención.



Foi unha interesante experiencia, digna de ser repetida.


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"