O QUE ARDE

Este é o título do último traballo do cineasta Oliver Laxe. Trátase da primeira obra en lingua galega proxectada nas 62 edicións do Festival de Cannes
Benedicta Sánchez e Amador Arias son os actores non profesionais que encarnan esta historia rodada no monte galego e en galego. 
O que arde, cuxo guión foi escrito polo propio Laxe e mais Santiago Fillol, rexistrouse nos Ancares. É unha elexía e homenaxe ao mundo rural; relata en 85 minutos a historia de Amador Coro e a súa nai. Coro acaba de saír da prisión despois de ser condenado por provocar un incendio. as relacións humanas e o paseniño ritmo cotián da montaña, a cultura campesiña que se esvae e os desaxustes polas mudanzas, valéronlle á peza de Laxe unha prolongada e emocionante ovacións no festival de Cannes.



Trátase dunha coprodución galega, francesa e de Luxemburgo que conta co apoio do público de Agadic, TVG e Deputación de Lugo. Chegará ás salas comerciais contra final de ano e será distribuída pola cooperativa compostelá Numax, así que xa sabedes, se tendes a oportunidade de vela, non a desperdiciedes!

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"