ELISA E MARCELA

Seguindo o fío da publicación do pasado xoves achégovos algunha das imaxenes que a visita da Panadaría deixou no noso instituto. Foi un pracer recibir a Elisa e a Marcela no noso salón de actos, que unha vez máis quedousenos pequeno para acoller tanta arte e tanto alumnado ansioso de gozar co teatro. 
A representación foi un éxito, o alumnado e o profesorado que tivemos a sorte de acudir á obra saímos abraiados do bo facer de Ailén, Areta e Noelia, que nos visitaban por segunda vez. Se recordades, vai tres anos xa tivemos a oportunidade de velas presentándonos Pan, Pan!

Deixovos aquí algunha das imaxenes para gardalas na memoria, e convídovos a ver hoxe a entrega dos premios Max das Artes Escénicas. Estes premios foron creados no ano 1998 pola Sociedade Xeral de Autores e Editores co fin de premiar e recoñecer o traballo dos profesionais e a calidade das produccións máis destacadas do ano no ámbito das Artes Escénicas.


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"