CHEGAN OS ROBOTS!

Cada vez está máis preto que cheguemos a calquer lugar público e nos atopemos  cun robot, humanoide ou non, realizando funcións ate o de agora, impensables.
Empresas,especialmente de orixe asiática,fan presentacións dos seus últimos "cacharros". 
Aquí vai unha selección deles.

 Cruzr, un robot de servicio:
Podería ser o próximo camareiro do teu bar preferido. Pode falar cos clientes e tomar pedidos,aínda que non é capar de servir e pór a comida na mesa. Xa está á venta en Asia e Europa.


Bot care, un robot enfermeiro
É quen de medir a presión arterial , o ritmo cardiaco, a respiración e monitorizar o sono do usuario. Pode recordarche cando tomar un medicamento e recoñece a túa voz.Tamén pode asistir ó seu paciente de forma remota, a través de video chamada.



 Lovot, o robot das emocións
Lovot é xaponés. Poderíamos velo como un peluche intelixente. Recoñece voces, ten sensores para evitar choque e caídas.Pode fixar a mirada,mover as pálpebras , emitir sons e mapear o fogar do seu dono, para logo percorrelo. Utiliza intelixencia artificial para interactuar co entorno.






Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"