MENS E CORES: DO ROMÁNICO AO NEOCLÁSICO

No marco da Semana Cultural celebrada no noso instituto, os alumnos de Historia da Arte de 2º de Bacharelato visitaron dúas igrexas parroquiais da contorna, a de Mens (Malpica) e a de Cores (Ponteceso).

Nelas puideron comprobar in situ moitos dos conceptos aprendidos durante o curso. A de Mens é o mellor exemplo de arquitectura románica do arciprestado de Seaia, e tamén de Bergantiños. Na foto observamos a planta dunha soa nave, de tipo salón, cos arcos formeiros.



Por outra banda, a de Cores presenta retablos barrocos e neoclásicos, e incluso o maior, que vemos na imaxe, está a medio camiño entre ambos.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

Bo verán!!