SAN FILIPE II

De entre todos os santos e todas as santas que poboan as igrexas galegas -e incluso non galegas- salientan con especial forza, pola súa devoción, santo Antonio de Padua (ou de Lisboa), portugués, e san Roque de Montpellier, occitano. Este santo, avogoso contra a peste, substituíu ao que na Idade Media cumprira este cometido, san Sebastián.

Moi interesante e curiosa é a talla que achegamos hoxe, da igrexa cántabra de santa María de Lebeña, xoia do románico nesta rexión. Resulta que, segundo a tradición, para o rostro do san Roque deste fermoso lugar da Liébana o artista teríase inspirado nada máis e nada menos que no rei Prudente, Filipe II, aquel en cuxos dominios nunca se poñía o sol. E incluso foi ataviado co típico sombreiro alto que o monarca entón máis poderoso do mundo usaba, negro por suposto, austeridade pura.

Ten un aire filipino, certamente. A lenda é fermosa, abofé. E "se non è vero, è ben trovato".

Non sempre a arte, a relixión e a historia se conxugan de forma tan deliciosa.

Ata outra...

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"