ARCO MADRID 2019

Entre o 7 de febreiro e o 3 de marzo "ARCOmadrid 2019" reunirá un total de 203 galerías de arte de 30 países, das cales 165 integran o Programa Xeral, sumándose a elas as seccións comisariadas: ´Perú en ARCO´, cunha selección de 23 artistas de 15 galerías; ´Diálogos´, con 13 e ´Opening´, con 21.

Un programa que terá como eixe a calidade e singularidade do artista, impulsando a exploración de novos talentos e contidos para coleccionistas e profesionais. Así, do total de galerías seleccionadas polo Comité Organizador e polos comisarios dos diferentes programas, perto dun 40% participa con programas enfocados á presentación dun dos artistas de distintos entornos, reforzando a ARCOmadrid coma un espazo para o coñecemento da obra de artistas de distintas xeracións.

"Alepo" conxunto escultórico de Francisco Leiro en Arco 2018

A participación de Perú coma "País Invitado" ven consolidar a proxección de "ARCOmadrid" como referente latinoamericano en Europa. Así, Latinoamérica será unha das principais representacións internacionas da Feira. Deste xeito, do 70% que acada nesta edición a participación internacional, o 29% o acapara a presencia artística do continente americano, coa participación de 40 galerías de 12 países da rexión, ás que se unen contidos latinoamericanos en galerías doutras nacións, posicionando unha vez máis a "ARCOmadrid" como punto de encontro e intercambio entre Europa e Latinoamérica.

Neste contexto, Madrid en febreiro será un excepcional momento para celebrar o coleccionismo en Latinoamérica coa coincidencia de diferentes proxectos que poderán verse nos principais centros de arte e museos da capital.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"