O ÚLTIMO SEGREDO DE SOFÁN



            A propósito das mártires de Sofán, recordadas estes días en Carballo e citadas por Castelao nun par de ocasións, é certo que non se tiña publicado o dato de cando morrera e onde fora soterrada unha delas, María Serrano Paz, falecida no Hospital Xeral de Santiago. Pois ben, queremos hoxe aportar a súa partida de defunción, atopada nos fondos do Hospital Real, actual Hostal dos Reis Católicos. Dela dedúcese que os seus restos mortais se perderon para sempre, pois o camposanto citado, o de San Domingos de Bonaval, xa non existe como tal. 

O documento di así na súa literalidade: “Serrano Paz, María. En el Gran Hospital de Santiago, a las cinco horas del día dos de marzo, del año mil novecientos diez y nueve, falleció en la Sala del Carmen, confortada con los auxilios espirituales, y a consecuencia de septicemia, según información facultativa, la enferma María Serrano Paz, de treinta y tres años de edad, natural y vecina de Sofán, Carballo, provincia de la Coruña, siendo su estado soltera. La finada era hija de Andrés y Antonia, a su cadáver se le dio sepultura eclesiástica en el Cementerio General de esta Ciudad. Y para que conste, lo firmo como capellán de servicio. Daniel Blanco Otero”. Case quince días, pois, de sufrimento gangrenoso para a mártir María. Xa que non se poderán honrar os seus restos, hónrese polo menos a súa memoria.





            

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

ESOPÍAS?

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

POESÍA Y REDES SOCIALES