COSTA DA MORTE: UNIVERSO LITERARIO

Un dos grandes atractivos de O exército de fume, de Manuel Gago, que recomendamos a semana pasada, é a xeografía cambiante do escenario narrativo, que corresponde a moitos lugares de Galicia (provincias da Coruña e Pontevedra), pero sobre todo á Costa da Morte. Precisamente por este último motivo, a súa lectura é especialmente recomendable.

Aí van exemplos. Laxe e o seu lugar de Arbia (cal será?). Ponteceso ten gran protagonismo: non só a vila en si, senón tamén Brantuas e Niñóns (fermosa praia, na foto) e os seus canteiros, tamén aparece Cores fugazmente, e Corme e os seus mariñeiros. Mais o núcleo xeográfico da trama é Valdeareas, nome ficticio de Valarés. Tamén están Camelle e Santa Mariña, no concello de Camariñas. E o Monte Neme. E Varilongo en Santa Comba...


Aínda non tes o libro nas mans?

Na biblioteca temos un exemplar! A que agardas?

Ata outra...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

Bo verán!!