FACER TURISMO SEN SAÍR DA CASA

Grazas o proxecto Open Heritage  podemos explorar lugares icónicos, emprender viaxes virtuais e descargar as mellores fotografías. No ano 2018, Google asóciase coa empresa sen ánimo de lucro, CyArk, a cal adícase a escanar en 3D, co fin de axudar a preservación de lugares históricos.  Conmocionados pola completa destrucción de estatuas budistas do século V as mans dos talibáns en Afganistán, Ben e Barbara Kacyra comenzan a capturar e dixitalizar monumentos antes de que puidera voltar a ocorrer o mesmo. E conseguírono. Por exemplo, o templo Ananda Ok Kyaung en Bagan (Myanmar) sufriu danos graves nun terremoto no ano 2016, pero tiña sido escaneado con anterioridade, e agora pódese facer unha visita interactiva 


O mesmo pasou coa cidade de Palmira, un dos lugares máis danados polo Estado Islámico, o cal conquistou  o lugar e pouco despois voou o templo de Baal Shamin,adicado a un deus fenicio e que contaba con 1900 anos de antigüidade.
Según afirma ACNUR na súa web, a maioría dos lugares declarados Patrimonio da Humanidade están en perigo , por estar situados en países en conflicto. É a nosa obriga coidar do noso patrimonio, xa que é o legado das vindeiras xeracións.
Google Arts & Culture é o apartado dentro do xigante que é Google, onde podemos atopar esta fantástica iniciativa. Animádevos a facer turismo dende o sofá das vosas casa!
Deixóvos un vídeo de presentación do proxecto Open Heritage, onde podedes activar os subtítulos en español.


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"