VENRES CULTURAIS 2019 EN CARBALLO
O concello de Carballo xa ten en marcha a súa programación cultural para o primeiro trimestre do ano, que consta de cinco espectáculos infantís, catro funcións de teatro para adultos, tres concertos e cinco exposicións, ademais dun ciclo de cine. Todo isto baixo a denominación de Venres Culturais 2019.
Este venres, 22 de febreiro podedes achegarvos a gozar de "Dúas donas que bailan", a cargo da compañía TEATRO DO ATLÁNTICO.

Intérpretes: María Barcala e María Ángeles Iglesias / Espazo escénico: Antonio F. Simón / Espazo sonoro: Brais Morán / Tradución e axud. dirección: Aleixandre Lago / Dirección e dramaturxia: Xúlio Lago / Autor: J. Mª Benet i Jornet.
Déixovos aquí o enlace a toda a programación:
Comentarios
Publicar un comentario