NAZIS EN PONTECESO

Non todos os concellos de Galicia gozan do privilexio de teren obras literarias baseadas no seu espazo xeográfico e histórico. Bergantiños en xeral e Ponteceso en particular están de noraboa, coa novela O exército de fume, de Manuel Gago, que temos xa na nosa biblioteca, no apartado de novidades.

O pano de fondo é a Segunda Guerra Mundial, e o escenario é Laxe e Ponteceso, pero tamén A Coruña ou Vigo. O autor estrutura a narración en capítulos, algúns moi breves, que nos trasladan a diferentes espazos, incluso doutros países como Londres, onde podemos recrearnos na personalidade do premier británico, Winston Churchill.

É unha historia de espías, militares, prisioneiros, guerra aérea e submarina, wolfram, a discutible neutralidade da España de Franco na guerra... E ata aparece Lugrís, o pintor Lugrís... que tamén deixou obra en Malpica.

Paga a pena. Non vos defraudará.



Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"