REGUEIFA

Hai uns días, co gallo de estudar as cantigas satíricas medievais e, en concreto as "tenzóns", fixemos, na aula de 3ºA, unha comparativa coas regueifas tradicionais e actuais. Sen sabelo, tiñamos na clase o neto dun regueifeiro da zona, quen lle propuxo ao avó, Adolfo Castro Cotelo (de Tallo), se lle axudaba a compoñer unha regueifa para a clase. Aquí tedes o resultado e un anaquiño do audio que tivo a ben gravar para nós o autor.
Fixádevos que esta regueifa é ben curiosa; xa que, dá conta dos regueifeiros da zona que, hai uns anos, gozaban dunha certa sona.

Moitísimas grazas, Adolfo. Un pracer. 



Mui boas tardes Amalia
que che sirva de consello
vouche dedicar unha copla
do teu alumno Diegho

aghora xa que empecei
voulle dare a barrere
cantos me caian por diante
heille de dar que facere

heille de dar que facere
pois non me costa traballo
queres saber donde eu son
son da parroquia de Tallo

os da parroquia de Tallo
dighocho de contadiño
ali houbo un cantadore
que se chamaba Calviño

que se chamaba Calviño
pois non me costa traballo
e ainda houbo outro tan bo
no concello de carballo

no concello de Carballo
eu non che hei decir nada
pero o lado de Calviño
ningún valía pra nada
  
Calviño era mui bo
un home moi competente
cando se poñia a cantare
facia temblar a xente

pois a toda esta xente
que doumoito que falare
quedaron historias bonitas
que non saben recordare

había que recordare
a todas estas memorias
pra que algún dia os nenos
souberan estas historias

son aquí de ponteceso
amigho dos meus vecinos
coñezo os regheifeiros
da comarca de Bergantiños

os regheifeiros de hoxe
non che vou decir que non
non pensan coa cabeza
nin cantan co corazón

os regheifeiros de antes
eran de naturaleza
cantaban co corazón
pensaban coa cabeza
  
o cantar non ten amaño
non da tempo que pensare
cando acaba o compañeiro
xa ti tes que contestare

xa ti tes que contestarhe
porque eso non pode serhe
porque o tema da regheifa
non se pode aprenderhe

alghún moi espabilado
facendo que era un rapas
corria moito de primeiro
e despois daba marcha atrás

despois daba marcha atrás
que quedaba empexeghado
porque cas historias del
non cheghaba a ninghun lado

eu teño 14 anos
dighocho de contadiño
pro cando sea maior
quero ser coma Calviño

hei de seghir as historias
eso con moita paciencia
porque se o miro ben
tamén che ven algho de herencia

venme algo de herencia
que eu ben sei o que me pasa
porque sinto moitas veces
ali o maestro na casa

cando empeza a cantare
eu quedome algo parado
eu non sei donde se quitan
esas cousas de contado

xa imos medios cansados
deixamos para outro dia
con estas boas palabras
damosvola despedida






Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"