QUE MARMÓREA DECEPCIÓN!


Estimados Artelladores:

Comezamos aquí unha andaina que esperemos produza algúns froitos: contarvos de cando en vez algunha cousa interesante sobre varios temas...

A respecto da arte grega, non esquecerei a vosa cara de decepción cando vos contei que algunhas das esculturas "gregas" do temario non son máis que copias romanas marmóreas de orixinais gregos en bronce, como o Discóbolo de Mirón, un icono da cultura occidental en xeral e do deporte en particular. Pero este feito revela nidiamente unha realidade incontestable: Roma quedou prendada da arte grega ata tal punto que foi incapaz de producir algo realmente novo... en moitos campos, claro. E de aí as copias, a necesidade compulsiva de reproducir en pedra o que outros fixeran en bronce.

Por certo, empreguei a palabra "cara" porque se supón que estamos nun rexistro máis ou menos coloquial ou informal. Pero recordade que no comentario dunha obra de arte a palabra "cara" está prohibida! Os gregos non tiñan cara, senón rostro ou faciana.

Seguiremos Artellando...


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"