MAGOSTO 2018

            ENDÓZATE CO OUTONO
O Equipo de Dinamización Lingüística  e a Biblioteca do IES EDUARDO PONDAL de PONTECESO organizan un curso máis o tradicional concurso de sobremesas de outono.
O obxectivo é que o alumnado interesado na cociña elabore os mellores doces (compotas, tortas, marmeladas, biscoitos, pasteis, galletas...) con froitos de outono (mazás, noces, uvas, cabazas, piñóns, castañas, marmelos...) e os comparta co resto da comunidade educativa.

Todo o alumnado do centro está convidado a participar e deberá inscribirse na biblioteca antes do venres 9 de novembro.

 As sobremesas presentaranse o mesmo día de celebración do Magosto, o venres 16 de novembro.

Recordade que as receitas que vaiades elaborar debedes de redactalas en galego e envialas ao correo da dinamizadora: evagarciareino@gmail.com.

O xurado encargado de valorar as sobremesas terá en conta  tanto o sabor como a presentación, orixinalidade e complexidade na elaboración. Unha vez que que o xurado emita o seu fallo haberá una degustación pública das sobremesas.
Animádevos a participar!!!

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"