THE PICTURE OF DORIAN GRAY, UNHA NOVELA CUNHA MENSAXE MOI ACORDE COS NOVOS TEMPOS.



Nun intento de dar algo de movemento aos solitarios libros da sección de literatura inglesa da nosa biblioteca, ocorréusenos recomendar a adaptación dunha das obras maestras do gran novelista e dramatugo irlandés, Oscar Wilde.
 A obra en cuestión é The Picture of Dorian Gray. Mais, por que esta novela en concreto? Porque no mundo actual no que están tan de moda aplicacións de teléfono como Instagram, onde se promove o culto ao físico e subir á web os nosos mellores retratos, o argumento desta novela non podería ser máis axeitado e revelador.

O protagonista, Dorian, cre que o único que vale a pena na vida é a beleza, o culto dos sentidos. Por iso, cando un pintor lle fai un retrato, non se lle ocorre outra cousa que desexar a xuventude e beleza eterna. Será o seu retrato, en vez do propio Dorian, o que vaia sufrindo e reflexando o paso dos anos ademais da maldade da súa alma.
Imaxinádesvos permanecer sempre tan fermosos e novos como nas instantáneas que subides a Instagram mentras ditos retratos se fan vellos e viles por vós?

Interesante, verdade? Pois se queredes saber como remata a historia animámosvos a ler a sinxela adaptación que atoparedes na sección de literatura inglesa da nosa biblioteca.
 E se vos gustan as adaptacións dos clásicos ao cine, recomendámosvos a última versión da novela levada ao cine: Dorian Gray (2009)


         

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"