AS VELLAS PEIDEIRAS DE ANTONIO FRAGUAS


Ola Artelladores!
           
Desde o equipo da Biblioteca, Dinamización Lingüística e Club de Lectura xa imos quentando motores con vistas ao Día das Letras Galegas de 2019, dedicado a Antonio Fraguas Fraguas.

É un autor completísimo, porque abordou moitos temas: xeografía, historia, etnografía, literatura popular, biografía e algúns outros…

Como aperitivo, iremos debullando algúns destes temas ao longo do curso, neste mesmo espazo.

Hoxe, para que vexades que a literatura popular non é aburrida, reproducimos estes divertidos versos, tirados da súa obra Cantigueiro de Cotobade. Imos engadirlles sempre títulos da nosa colleita, que vos parece?
            
A VELLA PEIDEIRA: ASASINATO (OU HOMICIDIO INVOLUNTARIO?) NO CURRAL

Unha vella nun curral
dun peido matou un polo,
e se non lle acuden logo
mata galiñas e todo.

(Máis que homicidio, foi un policidio)

OUTRA VELLA PEIDEIRA: ESTE ASASINATO FOI MÁIS GRAVE!

Unha vella moito vella
dun peido matou a outra;
válgate xuncas o peido
que saliches de forza.

(Si, debía de ter boa forza, abofé!)

Ata a próxima… Prometemos versos moi divertidos (máis aínda)!




Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"