A MÚSICA MEDIEVAL SEGUE DE ACTUALIDADE



Resultado de imagen de corvus corax

O medieval, máis ou menos mesturado co fantástico, está de moda : con series coma Xogo de Tronos, Vikings, Os Alicerces da Terra (baseado no best-seller de Ken Follet), The last Kingdom ou a española A Catedral do Mar; videoxogos de temática medieval: "Kingdom Come: Deliverance" ou "Skyrim". 


E na música, co estilo denominado neomedieval, que nace en centroeuropa durante os anos 70, e combina elementos pertencentes ás novas tendencias –música electrónica, rock, heavy metal, etc.– con melodías, cancións, letras y ambiente característicos do periodo medieval. A maioría adaptan e reinterpretan cancións típicas do Medievo , mesmo  empregando as linguas antigas orixinais nas que foron escritas, revitalizando instrumentos como  bombardas, cornamusas, laúdes, cornetos, organistrum, chirimías... 


Instrumentos Medievais


A partires dos anos 90, o xénero se populariza, atopando grupos con características dispares: desde Corvux Corax, coa sua reinterpretación con gaitas de Carmina Burana, a In Extremo, ca introdución da música metal , pasando por Qntal e o seu electromedieval: 



Na actualidade, existen cantidade de grupos que continúan a utilizar unha base medieval de melodías, ritmos e instrumentos de fai máis de oitocentos anos combinados con tendencias musicais actuais. Aquí vai unha pequena selección:

Prima Nocta, cunha caracterización moi coidada, recrean a época dos xograres nesta actiación de rúa:
  
            
Corvus córax , un clásico do xénero,  remusicaliza In Taberna ,un dos Carmina Burana (colección de textos dos goliardos dos séculos XII e XIII ) , traballo que forma parte dun proxecto máis amplo que titularon "Cantus Buranus". 





                          

Os suecos Apocalypse Orchestra inclúen representacións e animacións con actores, bailaríns, lume...A súa temática fai honor ao seu nome: a peste, a guerra, o sufrimento. 





Os alemáns In Extremo levan máis de dúas décadas acadando éxitos e enchendo auditorios . Moi eficaces nos directos , empregan diferentes linguas: islandés, alemán antigo, nórdico, latín ,hebreo, francés antigo e tamén español. O lume e a pirotecnia forman parte importante do espectáculo.




                                 

Nunha línea máis folk, temos aos nosos veciños portugueses Strella do Día , que devenvolven o seu repertorio a partires de compilacións como as Cantigas de Santa María, o Livre Vermell, Cantigas de Amigo, así como diferentes tempos de danza: estampidas, saltarellos, branles, ductias e outras. Nas instrumentacións combinan fídulas, gaitas e arpas celtas con instrumentos tradicionáis doutras culturas : digeridoo,  djembé, trompa tibetana...



Por  último animarvos a que exploredes na percura de músicas de diferentes épocas : a historia está chea de sons!!!


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"