BENVIDOS E BENVIDAS A ARTELLANDO


Despois de bastante tempo morto, desde os equipos da Biblioteca, Dinamización Lingüística e Club de lectura imos revivir o blog da nosa biblioteca…
           
Partimos de cero, con novo diseño e novas propostas...

Estades convidados a visitarnos cando queirades e, o máis importante, a colaborar con nós, tamén a través dos vosos comentarios... Cantos máis participemos máis sentido terá esta iniciativa…

O blog titúlase ARTELLANDO, xa que desde el esperamos artellar moitos coñecementos e moitas propostas, entre as que non faltan algunhas relacionadas coas artes: plásticas, literarias, musicais…

Benvidos…

           


Comentarios