NOVEMBRO É MES DE TEATRO EN PONTECESO


Nóvembro é o mes por excelencia da programación teatral no concello de Ponteceso, que este ano está a celebrar a XXV edición do seu Ciclo de Teatro. É de louvar o esforzo que fai o concello por achegar aos seus veciños e veciñas catro espectáculos de gran nivel e máxima actualidade. 

Visitan este ano o salón de actos do Edificio das Escolas tres compañías galegas, dúas delas de gran percorrido: Talía Teatro e Contraproduccións, e unha terceira que ven pisando forte: Os Naúfragos Teatro.

25 Ciclo de Teatro Ponteceso 2018

Talía Teatro presenta o  seu espectáculo do seguinte xeito na súa propia páxina web:

“Despois de ʻUbú Reiʼ e ʻOs mortos daquel veránʼ, espectáculos producidos no ano 2017, Talía Teatro enfróntase a unha nova montaxe de gran formato na que participa un elenco de oito intérpretes: Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo. Diego Rey realiza a versión e asume a dirección deste espectáculo onde todo será posible, no que a mentira e a confusión serán a base do xogo e os distintos espazos mudarán á vista do espectador, para rir de todo e de todos, ata de nós mesmos. Este espectáculo conta coa axuda a produción da Axencia Galega das Artes Escénicas e Musicais.”



Contraproduccións, fálanos do seu espectáculo “Fillos do Sol” :

A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, Don Eduardo, representado por César Cambeiro, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas cun personaxe nacido da súa perturbación: Eduardo, el mesmo cando comezaba, de mozo, a súa carreira literaria e que é interpretado por Adrián Ríos. E, como contrapunto, a vida real e diaria representada por Rosa, a xove criada da pensión na que o bardo pasou a última etapa da súa vida interpretada por Alba Bermúdez.



Contraproduccións fai doblete neste festival e tamén presenta o espectáculo “Commedia”, unha revisión despois de 25 anos da obra estreada no ano 1993 “Commedia un xoguete para Goldoni”. Obra que pasaría a ser un gran logro do teatro galego,con mais de duascentas funcións. Agora, 25 anos despois, e case co mesmo equipo creativo, reinventan o espectáculo que ven interpretado por Victor Mosqueira, Marcos Orsi, Avelino González, Nuria Sanz, César Goldi e Sergio Zearreta.




E xa para tematar o ciclo o vindeiro sábado 24 de novembro teremos a oportunidade de ver “Castrapo”, un espectáculo que é a carta de presentación da compañía coruñesa de recente creación, Os Náufragos. A interpretación correrá a cargo de Gustavo del Río, Rebeca Vecino e Denis Gómez. Presentan Castrapo como a historia dun escritor galego emigrado a Madrid que volta á terra despois da morte do seu pai, con quen non mantiña moi boa relación. Nesa viaxe atoparase co seu pasado e coa necesidade de buscar as súas raíces.



Xa o sabedes, vémonos o sábado  no teatro!!


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"