TAL DÍA COMO HOXE... fai 200 anos

         

        O 2 de marzo de 1821 España se iniciaba na loita pola adquisición dos dereitos dos obreiros. Os protagonistas: uns mil douscentos campesiños e xornaleiros que, en tempos mortos, intentaban compensar os escasos beneficios que obtiñan da agricultura cardando e fiando lá dende as súas casasO lugar: Alcoy, un municipio da provincia de Alicante que por aquel momento contaba con case 11.000 habitantes.


A principios do século XIX a dinámica económica de Alcoy era unha excepción dentro de España: si ben a maioría do país continuaba a vivir dos recursos que aportaba o sector primario neste pequeno municipio valenciano aparecían as primeiras fábricas téxtiles e a poboación que se dedicaba a esta actividade (48%) era máis da que se empregaba na agricultura (33%).

Pero... como fora posible que un territorio como Alcoy comezara a seguir o exemplo doutras grandes cidades industriais como Barcelona ou incluso Londres?

Unha suma de factores explican o cambio, entre eles, destaca o aperturismo cara un sistema político máis progresista e que obriga ao monarca do momento (Fernando VII) a restaurar os dereitos políticos da constitución de Cádiz e a acceder ás demandas socias e económicas das clases populares. Este período liberal unicamente durou tres anos pero permitiu transmitir a suficiente confianza como para que diversos empresarios do sector lanar instalasen no territorio os primeiros teares. Co paso do tempo, Alcoy acabou convertido nun referente industrial non só na provincia de Alicante senón a nivel nacional.


Detrás desta imaxe de progreso escondíase, en cambio, unha realidade máis complexa: a aparición das fábricas permitía reunir a traballadores e a máquinas baixo un mesmo teito e acelerar o ritmo de produción ata permitir que os propietarios incrementasen de forma notable os seus beneficios. Pola contra, os traballadores abandonaron as súas casas para vivir nos barrios máis precarios das cidades e asumir xornadas laborais de 12 ou 14 horas durante as que unicamente repetían tarefas simples, monótonas e carentes de creatividade. Charles Chaplin recollía esta realidade  na súa película “Tempos modernos”.


Na procura de atopar unha solución a pregunta era clara:

 Quen era o culpable desa situación?

O propietario? A resposta foi outra: as máquinas. Unhas máquinas que lles quitaran o traballo no campo (colleitadora, sementadora, etc.) e que agora se presentaban como un competidor a bater en eficacia e produtividade. Seguindo o exemplo dun inglés (Nedd Ludd) a reacción foi impulsiva e violenta: unhas 1.200 persoas, fartas da súa situación, incendiaron teares cunhas 17 máquinas (valoradas en 2 millóns de reais) e forzaron ao alcalde a acabar cos teares restantes da cidade.

O resultado do acontecemento que hoxe recordamos, no curto prazo, non foi o desexado: a insurrección foi reprimida polo exército cinco días máis tarde dos incendios, detivéronse aos responsables e indemnizouse aos empresarios das máquinas destruídas. En cambio, fora como fora, este primeiro arranque contra as máquinas foi imitado noutros puntos do país como Barcelona (cara o ano 1835 na fábrica de Bonaplata) e incluso na Coruña (cara o ano 1857 na fábrica de tabacos da Palloza). A prensa do momento recollía como as traballadoras tiraran as máquinas e a materia prima da fábrica ao mar.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2017/03/20/motin-cigarreras-obligo-movilizar-tropas-infanteria/0003_201703H20C5991.htm

Nas efemérides deste acontecemento recordamos como dende finais do s.XVIII as máquinas comezaron a formar parte do noso día a día e preguntámonos:

Actualmente está a asumir a tecnoloxía aínda un maior protagonismo?

Substitúen as novas máquinas moitos dos traballos antes realizados por nós?

O verdadeiro perigo para o traballador son as máquinas ou as intencións humanas que hai detrás delas?



Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

POESÍA Y REDES SOCIALES