O maletín do tratante de xutes enerxéticos

Un tratante pasou hoxe polo insti e deixounos un maletín xunto cunhas tarxetas. Dixo que tiña unhas mostras que nos podían interesar, pero non nos quedou claro como tiñamos que abrilo. E, cando xa marchara, decatámonos que nas tarxetas non vén ningún número de contacto, só unhas letras que non entendemos. De saberdes quen é e como localizalo, por favor, avísade en conserxaría.

Se ao longo da semana non aparece o home, o luns 8M procederemos a abrir o maletín no Salón do Club de Letras (aula 206, edif2), onde o temos custodiado. Intentarémolo durante varios recreos até conseguilo. Pedimos mentes lúcidas para atopar a combinación.

Deixou algunhas mostras fóra do maletín e por fóra deste pon que é "TRATANTE DE XUTES ENERXÉTICOS". Corróenos a curiosidade...



Comentarios

Publicacións populares deste blog

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

Bo verán!!