MÓVETE CO GALEGO!

 

Seguimos animándovos a participar en novos concursos nos que se incentive o uso do galego. Desta vez imos cun certame dirixido ao alumando dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega fóra de Galicia que estea cursando 3º , 4º da ESO ou Bacharelato. 

Trátase do concurso de vídeo Móvete posto en marcha polo Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) que conmemora este 2021 o seu 50 aniversario.  O obxectivo deste concurso é, primeiramente, incentivar o uso do galego e, tamén, dar a coñecer o ILG entre a xente nova.  O prazo para participar está aberto ata o 31 de maio deste ano.

Podedes participar de xeito individual ou en grupo, os vídeos deberán ser inéditos e non poderán susperar os dous minutos de duración nin os 300MB de tamaó. Os temas que se propoñen para o a creación de pezas audiovisuais son Móvete co galego, Conmóvete co galego e Promove o galego.



Os vídeos difundiranse a través das contas de Instagram e Twitter do ILG a través da súa cale de YouTube. Os vídeos premiados poderán obter premios que van dende teléfonos móbiles Iphone ata videocámaras ou tabletas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

Bo verán!!