ANITA BORG (1949-2003)

Hoxe ímovos presentar a Anita Borg. Unha importante científica estadounidense que sempre loitou por incrementar o número de mulleres no mundo STEM.

Anita Borg conseguiu o seu primeiro traballo en programación en 1969 e doutorouse en Ciencias da Computación na Universidade de Nova York en 1981. A súa tese tratou sobre a eficiencia da sincronización nun sistema operativo.

Tras doutorarse, Borg pasou catro anos desenvolvendo un sistema operativo baseado en Unix, primeiro para Auragen Systems Corporation de Nova Yersei e despois con Nixdorf Computer en Alemania.

En 1986 incorporouse a Digital Equipment Corporation, onde traballou 12 anos e alí desenvoveu e patentou un método para xerar rastros de direccións completas para a análise e desño de sistemas de memoria de alta velocidade.

Como enxeñeira consultora no Laboratorio de Sistemas de Rede, xunto a Brian Reid, desenvolveu MECCA, un sistema baseado na Web e correo electrónico para a comunicación nas comunidades virtuais. En 1997, Borg comezou a traballar como investigadora na Oficina de Xerox PARC.

Apoio ás mulleres en Tecnoloxía

Borg traballou apaixoadamente por unha maior presencia das mulleres na tecnoloxía e  marcouse o obxectivo de lograr que aproximadamente ao redor do 2020 as mulleres representaran un 50 % da profesión informática. O seu lema era "2020 50/50".

En 1987, fundou Systers Borg, a primeira rede de correo electrónico para as mulleres do mundo da tecnoloxía. O obxectivo de Systers era proporcionar un espazo privado para que os seus membros poideran buscar información e compartir coñecementos baseados nas súas experiencias en común. A incorporación a Systers limitábase a mulleres con formación moi técnica e as conversas eran estrictamente sobre cuestións tecnolóxicas. Borg supervisou Systers ata o ano 2000.

En 1994, Anita Borg e Telle Whitney fundaron a Celebración Grace Hooper de Mulleres na Informática. A idea inicial foi crear unha conferencia por e para mulleres científicas da computación. A primeira Celebración Grace Hooper de Mulleres da Informática celebrouse en Whashigton en xuño de 1994, reunindo a máis de 500 mulleres do mundo da tecnoloxía.

En 1995, Anita Borg recibiu o premio Augusta Ada Lolace da Asociación de Mulleres na Informática polo seu traballo en favor das mulleres en dito campo.

En 1997, Borg fundou o Instituto da Muller e a Tecnoloxía. Os dous obxectivos primordiais da organización eran aumentar a representación das mulleres nos campos tecnolóxicos e fomentar a creación de máis tecnoloxía por parte das mesmas. Puxo en circulación unha variedade de programas para tratar de asegurar que as voces das mulleres tiveran influencia no desenvolvemento tecnolóxico.

En 1999, o presidente de EEUU, Clinton nomeu a Anita Borg membro da Comisión para o Avance das Mulleres e as Minorías en Ciencias, Enxeñería e Tecnoloxía.

En 2002 Borg foi nomeada Fellow da Association for Computing Machinery e membro do Consello da Computing Research Association.

Anita Borg morreu o 6 de abril de 2003. Ese mesmo ano, como xesto de recoñecemento, o Instituto da Muller e a Tecnoloxía cambiou o seu nome polo de Instituto Anita Borg da Muller e a Tecnoloxía. O Instituto creou tamén, na súa honra, o Premio Anita Borg de Liderado Técnico e o premio empresa Anita Borg Top para a muller técnica.

Google tamén honra desde 2004 a Borg co Anita Borg Memorial Scholarship Google. O programa ampliouse para incluir mulleres en Canadá, Australi, Nova Zelanda, europa, O Norte de África e o Medio Oriente.

Como estades a comprobar Anita Borg foi un pilar de fortaleza para as mulleres no campo da informática, creando a tal fin diferentes organizacións que permitiron cambiar a vida de moitas mulleres, uníndoas para compartir seus logros, ideas, temores e éxitos como mulleres activas na tecnoloxía.

O recoñecemento á súa entrega traduciouse nos premios e mencións que a continuación se indican coa súa denominación oficial:

  • 1994 World of Today and Tomorrow Award, Girl Scouts of Santa Clara County
  • 1994 "Top 100 Women in Information Sciences", Open Computing Magazine
  • 1995 Augusta Ada Lovelace Award, Association of Women in Computing
  • 1995 Pioneer Award, Electronic Frontier Foundation
  • 1996 Fellow of the Association for Computing Machinery
  • 1998 Women in Technology International Hall of Fame
  • 1999 Named one of the "Top 25 Women on the Web"
  • 1999 Named one of the "Smart 50 People", Sm@rt Reseller
  • 1999 Melitta Bentz Woman of Innovation Award
  • 1999 Forbes Executive Women's Summit Award for Outstanding Achievement
  • 1999 ACM's Distinguished Service Award
  • 2001 Computing Research Association, A. Nico Haberman Award
  • 2001 SF Business Times, 75 Most Influential Women in the San Francisco Bay Area
  • 2001 Professional Business Women of California 2001 Breakthrough Award
  • 2002 National Organization for Women, Excellence in Education Award
  • 2002 Honorary doctor's degree in science and technology, Carnegie-Mellon
  • 2002 Eighth Annual Heinz Award for Technology, Economy and Employment


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"