TAL DÍA COMO HOXE... Fai 62 anos


O 12 de xaneiro de 1959 dábase a coñecer ao mundo o que, hoxe, se coñece como “a gran catedral da Prehistoria no Mediterráneo”. O lugar: a cidade de Nerja, situada a un kilómetro da localidade malagueña de Macro. Os protagonistas: 5 amigos curiosos e adolescentes de entre 14 e 21 anos (Francisco Navas, José Torres, Jose Luís Barbero e os irmáns Miguel e Manuel Zorrilla).

     Os cinco amigos dedicaban cada tarde a subir ao monte para xogar a cazar morcegos. Nunha ocasión avistaron a un grupo numeroso destes mamíferos nocturnos, seguíronos e viron como se escondían nunha cavidade entre estalagmitas. Como non podían acceder ao interior do lugar decidiron regresar ao día seguinte (12 de xaneiro) armados dun martelo e unha lanterna. Ese 12 de xaneiro romperon as estalagmitas e abriron un furado para saltar á escuridade do interior. Manuel, que era o máis corpulento, colleu os pes de Francisco, o máis delgadiño, e deslizouse pola parede. Agarrado polo seu amigo baixou ata que comprobou que había terreo firme sobre o que caer. Seguidamente, os cinco amigos entraron polo oco e descenderon con coidado ata unha cavidade na que se supoñía que estarían os morcegos. “A estancia na que estábamos era moi pequena. Alí non podía estar a bandada de morcegos que vimos” recorda José Torres.

     Ante a situación decidiron quedarse calados na escuridade, intentando adiviñar por onde entraban e saían os animais. Decatáronse de que o facían por outro pequeno oco da parede que non parecía pedra: tratábase dunha composición branda formada a partir dos excrementos de morcegos, barro e estalactitas e estalagmitas. Fixeron caer a parede cunha patada e abriron outro oco polo que accederon a unha sala maior na que atoparon varios esqueletos xunto a un anaco de cerámica. Colleron os restos dun corpo fosilizado como mostra do que atoparan e saíron abraiados.

                    

     Os rapaces foron directos a casa dos seus mestres para contarlles o que viran pero eles non o creron. Foi entón cando lles ensinaron os restos fosilizados e ao ver a fonte histórica os mestres convencéronse de que tiñan razón. Aos poucos días regresaron cos mestres e puideron comprobar o descubrimento. Debían dar noticias deste feito ao mundo e sacaron as primeiras fotos. Tras esas primeiras fotografías comezaron as investigacións científicas e arqueolóxicas que acabaron demostrando que a gruta que servía de agocho de morcegos era, en realizade un tesouro da Prehistoria. Comezara a formarse fai cinco millóns de anos e gardaba vestixios das primeiras formas de vida humana de fai 45.000. Así pois, a importancia da cova é dobre. Por unha banda, presenta todos os tipos de formacións xeolóxicas coñecidas que parecen fundirse entre os teitos e o chan e entre elas destaca a estalactita máis larga e grande do mundo (33 metros de altura). Por outra banda, recompila case 600 pinturas rupestres de motivos diversos (antropomórficos, simbólicos e de animais). Ademais, unha das súas salas é testemuña do enterramento dunha muller do 6.300 a.C e noutra sala pódese comprobar a huella dunha sacudida sísmica que tivo lugar fai 800.000 anos na comarca

   

     O recoñecemento a este monumento chegou pronto. Tan solo dous anos despois do descubrimento (1961) foi declarado Monumento Histórico Artístico. Pasados 50 anos (2009) conmemorouse o descubrimento da Cova de Nerja alzando nesta cidade un monumento, no que o escultor Francisco Martín reproducía a pequena escala un monolito no que se representa aos cinco descubridores da mesma sobre un globo terráqueo. Xa no 60 aniversario (2019) celebrouse un acto que reuniu de novo aqueles cinco mozos curiosos e recordaron para a prensa como fora aquela fría tarde de xaneiro.

                   https://www.canalsur.es/multimedia.html?id=1378326&jwsource=cl

                       

  Hoxe en día, o conxunto da Cova de Nerja está dividida en tres zonas principais. A superficie descuberta azarosamente polos 5 adolescentes é coñecida como “Galerías turísticas ou baixas”, constitúen un terzo do conxunto arqueolóxico (9.371 metros cadrados) e é o monumento natural máis visitado de Andalucía, con máis de medio millón persoas ao ano. Tardaríase, en cambio, 10 anos en coñecerse as “Galerías Altas” e as “Novas” (1969), actualmente aínda pechadas ao público.

                                           

          Nas efemérides deste acontecemento preguntámonos:

            Que outros teosuros permanecen aínda ocultos na nosa realidade máis próxima?

                Sairán algún día á luz?

                    Que información nos pode aportar, ás veces, o azar?

                



Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"