PERDIDOS, A SERIE QUE INICIOU A ÉPOCA DOURADA DA TELEVISIÓN

 Alá polo ano 2004 Damon Lindelof e J.J. Abrams iniciaban o proxecto da serie Lost (Perdidos) e iniciaban un camiño de éxito e gloria. A serie narra as vivencias dos pasaxeiros superviventes do voo 815 de Oceanic Airlines Sidnei - Os Ánxeles nunha illa deserta, na que acontecen sucesos moi enigmáticos. A historia avanza con referencias continuas ás historias dos protagonistas antes do accidente. 


Ao longo das súas seis temporadas vai gañando moitos seguidores e hoxe en día é recoñecida como unha das mellores series de todos os tempos, debido en boa medida a trama complexa que presenta e a diversidade dos personaxes que están maxistralmente caracterizados. A crítica aclamou esta serie e acadou moitos premios, aínda que para moitos o final...

En definitiva, trátase dun clásico que contribuiu a iniciar o camiño das series como obras artísticas ao nivel do cine. Animámosvos a voar na historia e perdervos nesa illa fantástica.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

Bo verán!!