ARTELLANDO UN TEXTO TEATRAL

 

De certo que poucas veces imos ter a oportunidade de colaborarmos na creación unha peza de teatro. É por iso que a proposta que achegou Talía Teatro é tan gorentosa para nós. Están a facer un traballo de recollida de material para a creación dun novo espectáculo arredor da lingua e queren a nosa colaboración.

Vai ser un espectáculo de corte cómico-didáctico sobre a nosa lingua.

O que precisan de nós é se lles podemos achegar unha ou varias anécdotas, de distinta índole relacionadas co galego:

- anécdotas reais que che sucederon a ti ou a coñecidos,

- anécdotas de corte histórico

- lendas de corte popular

O motivo desta recompilación é a busca dunha pluralidade de informadores/as que permitan crear un collage sobre a situación da nosa lingua, actual pero tamén histórica.

Podes enviarlles un texto ao correo electrónico: info@taliateatro.gal indicando os seguintes datos:

Tipo de anécdota/ Ámbito xeográfico (se o hai)/ cóntanos a anécdota.

Que non che vén á cabeza ningunha historia: Eis un exemplo!

Un mozo dunha aldea galega emigrou a Castela e aos poucos meses regresou á súa terra. E nese breve tempo ocorrera algo asombroso: o rapaz esquecera a fala dos seus, a lingua que falara toda a vida. De volta na casa non facía senón preguntar:

-Mi padre: como se llama esto?

O pai, molesto ante ese fillo desleigado e farto de tanta pregunta parva, cando o mozo preguntou de novo ao atopar no chan da eira tan "exótica" ferramenta, "Mi padre: y esto como se llama?", respondeulle:

-Ponlle enriba o pé xa verás como cho di el mesmo.

O mozo pisou enriba dos dentes e o mango do pau ergueuse e bateu nos fociños do rapaz que recuperou coa mesma a memoria:

-Raio do angazo!

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"