#NOMOREMATILDAS

 

#NOMOREMATILDAS

Coñecedes o movemento #nomorematildas? Este movemento quere rescatar do esquecemento os logros das grandes científicas da historia, pensando tamén no futuro.

Parástesvos a pensar que tería pasado se Einstein fora muller? É posible que o seu nome non o coñeceramos de moito. Por que? Porque os méritos dos seus descubrimentos serían para algún compañeiro ou incluso para o seu marido. Non vos sorprendades, xa ten pasado moitas veces.

O "efecto Matilda" é ese fenómeno polo que os achados de mulleres científicas quedaron relegados, de  forma sistemática, ao esquecemento. Algúns exemplos: Hildegarda de Bingen, Nettie Stevens, Lise Meitner, Marietta Blau, Rosalind Franklin, ...

Con #nomorematildas preténdese devolverlles o protagonismo a esas científicas que nunca deberon ser invisibles e dálas a coñecer á sociedade en xeral e aos máis novos en particular, coa esperanza de que axude a espertar nas nenas vocacións científicas.

Os libros de texto son unha mostra da urxencia de iniciativas deste tipo. A porcentaxe de referentes femininos que aparecen neles en todas as materias da ESO é apenas do 7,5 %, segundo un estudo realizado por Ana López-Navajas sobre a presenza das mulleres nos materiais educativos.

Por outra banda, as estatísticas do Ministerio de Educación revelan que a porcentaxe de mulleres matriculadas en carreiras STEM é só o 28,5 %. Isto ten moito que ver cos estereotipos de xénero e esa falta de referentes femininos.

A continuación presentámosvos un vídeo e convidámosvos a que lle adiquedes uns intres do voso tempo.


Reflexionemos sobre este tema que introducimos brevemente nesta entrada e, por certo, por que non investigades quen foi Matilda?

Este artigo foi elaborado empregando como fonte de información mujeresaseguir.com

 

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"