NOVA SECCIÓN DE ÁLBUM ILUSTRADO

Co 2021 chega a nosa biblio unha nova sección: "Álbum ilustrado"

Non sabes o que é  un álbum ilustrado?

Pois é un conxunto de imaxe gráfica e relato literario no que ambas representacións artísticas compleméntanse e interactúan entre elas.


O que o distingue dun libro ilustrado é que este contén unha historia contada con palabas, onde as imáxenes so ilustran momentos puntuais de dita historia.

Pero nun álbum ilustrado as imaxes contan a historia, e o texto interactúa con elas de diferentes formas. Neles, a calidade artísticas dos debuxos, a súa orixinalidade e o xogo entre o texto e a imaxe farán que nos atrapen as historias que narran.


Neste tipo de obras ilustrador e escritor soen ser a mesma persoa. As veces imaxe e texto contradícense, e as veces son complementarios, pero en todos os casos establécese entre eles unha estreita relación que define a calidade do álbum ilustrado. 

Fragmento de Emigrantes de Tan Shaun


O lector é quen crea a historia que sucede entre unha imaxe e a seguinte.


Ilustración de La ola, de Suzy Lee


Pois xa o sabedes, tendes unha chea de novas "lecturas" agardando por vós na biblioteca para que deixedes voar a imaxinación... non o estades desexando?

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"