COMEZAMOS CUN PLAN DE RESCATE

Plan de rescate é o título do primeiro libro co que dá comezo a andaina lectora do club de lectura de 1ºESO. 
Esta novela de Antía Yañez sitúanos ante uns personaxes con capacidades diversas que simplemente son diferentes, nin mellores nin peores, pero capaces de idear un plan de rescate para liberar ao seu colexio duns secuestradores.
 A protagonista e narradora da novela é Noela, unha rapaza faladora e desgarbada que anda en cadeira de rodas. No colexio comparte a aula de apoio con outros rapaces e rapazas con diferentes capacidades. Un día, a escola é secuestrada por dúas persoas con rostro oculto. Porén, Noela e os seus compañeiros pasan desapercibidos para os secuestradores, polo que deciden trazar un plan para rescatar o colexio. 




Dividíndose e sorprendendo aos secuestradores por diversos flancos e armados con dúas guitarras, o grupo consegue neutralizar e desarmar a parella de asaltantes. Ao tirar a media da cabeza dos secuestradores, o profesorado dáse de conta de que son Benito e Marta, dous ex – alumnos do centro que decidiran emprender aquela acción en venganza polo acoso aos que foran sometidos de novos e pola pasividade da comunidade educativa. Ao chegar a policía, o xefe recoñece a Brais, o seu fillo, un mangallón que no pasado se dedicaba a molestar aos alumnos e que agora se fixera amigo do grupo da aula de apoio. O policía recrimínalle ao fillo que ande con xente como Noela e os seus amigos, o que fai que Xosefa, a orientadora do centro, se alporice e lle recrimine ao policía a súa falta de educación.
A autora convídanos así a reflexionar sobre a diversidade funcional, sobre as capacidades diferentes que cada un de nós podemos ter sen que por iso nos convirtamos en mellores ou peores persoas; a loita contra os prexuízos derivados do concepto de "normalidade" ou as situación de acoso escolar.
E desta lectura que nos quere facer ver a necesidade da inclusión na vida diaria xorde un proxecto para o noso centro do que pronto teredes noticias, que será?

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"