O GALEGO NAS REDES: #DÍGOCHO EU.

 Podemos dicir que dende hai exactamente un ano, o galego está a ter unha presenza máis activa nas diferentes redes sociais e nos medios audiovisuais grazas a un proxecto chamado Dígocho eu,  ao que pon cara e voz a xornalista verinesa Esther Estévez. 

Esta xornalista xunto co coordinador Carlos Amado e a linguïsta Rocío Pérez traballan cada día para deixar claro un novo concepto sobre a fala e o resultado estase a converter nunha referencia para aqueles que queren aprender ou mellorar a súa expresión en lingua galega. 

A clave do exitoso programa está en crear un formato breve e atractivo, vídeos curtos con explicacións de palabras ou expresións incorrectas e o seu uso correcto. Á brevidade únese a diversión, fórmula máxica na que pode residir a explicación do triunfo do proxecto. O resultado final básase pois en tópico clásicos como prodesse e delectare, esto é, "ensinar deleitando", ensinar e ao mesmo tempo divertirse, botar unhas risas. 

"Dígocho eu" cólgase en moitos sitios: en 24G.gal, en Youtube, en Instagram e tamén en TikTok, co cal o o abano de público que segue estes vídeos é do máis variado e de todas as idades.

Aquí vos deixamos unha mostra destes vídeos, aprender galego ou calquera outra lingua, sen dúbida, pode ser moi divertido!







Comentarios

Publicacións populares deste blog

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

Bo verán!!