PRIMAVERA DE PREMIOS

Estamos de noraboa, queridos artelladores.

Hoxe sábado recibiron en Carballo cadanseu premio literario Alba Agrelo Gil (4º ESO, 6º premio) e Hadrián Félix Neira Varela (3º ESO, 9º premio), na terceira edición do certame Contos de Primavera organizado por La Voz de Galicia. Un dos requisitos era tratar aspectos históricos, paisaxísticos, literarios ou etnográficos da Costa da Morte.



Tamén participaron, con magníficos relatos igualmente merecentes de premio, tres alumnos de 4º ESO: Roberto Baña Amado, Lorena Santiago Carracedo e Carlos Suárez Durán. A verdade é que o nivel dos cinco relatos é admirable, e todos souberon incluír eses aspectos históricos e etnográficos que levamos traballando neste curso na clase de Ciencias Sociais, tamén a través das súas investigacións de patrimonio e historia que publicaremos a final de curso. En próximas publicacións deste blog sairán os textos participantes, para que os lectores de Artellando comproben o nivel literario dos alumnos.



Parabéns a todos. Agardemos que para o ano máis alumnos do noso centro participen e poidan compartir un acto moi fermoso. 

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

ESOPÍAS?

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

POESÍA Y REDES SOCIALES