Torneo de debate: TDAG

 

O alumnado de Oratoria de 3º de ESO, no día de onte, volveu demostrar o seu talento e compromiso coa comunicación oral no VIII Torneo de Debate Académico de Galicia, organizado pola Fundación Barrié na Coruña. Nesta cita, que reúne centros de toda Galicia e promove o pensamento crítico entre a mocidade, as nosas alumnas, Sara Rojo Gerpe, Alba Torrado Duarte, Uxía Antón Bellón, Sofía de la Cruz Oblanca, Gabriela Mata Vásquez e Valeria Soage Castro, defenderon con solvencia e madurez as súas posturas arredor dunha cuestión tan actual como complexa: Son necesarios os deberes escolares para aprender mellor?

Ao longo dos dous debates realizados, amosaron unha preparación rigorosa, capacidade para argumentar con claridade e unha admirable habilidade para escoitar, responder e adaptar o discurso en tempo real. O debate converteuse así nun espazo de aprendizaxe viva, onde a palabra se transforma en ferramenta para analizar a realidade, contrastar ideas e construír coñecemento de maneira colaborativa.

A súa participación neste torneo non só evidencia o traballo realizado na aula de oratoria, senón tamén a importancia de fomentar competencias esenciais como a improvisación, a expresión oral e o pensamento crítico. Ver como se enfrontan a retos comunicativos con tanta seguridade e entusiasmo é, sen dúbida, unha mostra do seu enorme potencial.




Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

ESOPÍAS?

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"