AGORA CANTAMOS NÓS!!

 


O pasado 23 de maio en Santiago, o alumnado de 3º ESO participou na Foliada das letras galego-portuguesas, organizada pola asociación Ponte... nas ondas!

Alí estiveron os rapaces bailando e cantando letras e músicas tradicionais, acompañados por Teresa dos Cucos, como exemplo de "tesouro vivo", quen posúe un coñecemento profundo e significativo da nosa cultura e tradición, e que a transmite a estas xeracións máis novas para que así perdure no tempo. Grazas Teresa!!!

Foi unha xornada festiva e de convivencia con alumnado doutros centros de Galicia e do norte de Portugal e agradecemos a Ponte... nas ondas! o seu convite. Parabéns pola iniciativa!!!






Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"