VENRES MUSICAL: 27 de febreiro
Hoxe durante o recreo, volvemos realizar a actividade dos "Venres musicais" en Biblio A Ponte, na que participou o alumnado de 1º ESO deleitándonos con actuacións musicais variadas.
Comezou Alejandro Varela Iglesias tocando dúas pezas de acordeón, seguido de Martina Novoa Varela e Lucía Rodríguez Castro cos ukeleles e máis as súas voces, acompañadas tamén pola voz de Naia Ferreiro Amado. Por último, Lucía Rodríguez tocou tamén o seu acordeón, poñéndolle fin a esta variada actuación.
O público asistente aplaudiu con estusiasmo a música dos seus compañeiros e, sobre todo, a valentía de amosar os seus talentos a toda a comunidade educativa que se achegou ata Biblio A Ponte neste no seu tempo de lecer.
Parabéns aos artistas e grazas a todos os asistentes!!!

Comentarios
Publicar un comentario