LETRAS GALEGAS 2025
Hoxe foi un día de celebración e foliada no noso instituto, xa que estivemos a festexar o Día das Letras Galegas con varios actos.
Empezamos cun faladoiro con Marta Villar na que participou o alumnado do Club de Lectura que charlou coa escritora sobre as súas dúas novelas: Non temerás os coches amarelos e Detective Ferruchi.
O faladoiro foi moi ameno e distendido, xa que os lectores preguntaron e interesáronse pola configuración das pesonaxes, o tempo de creación das novelas, o oficio de Marta Villar...
A continuación pasamos a realizar a tradicional homenaxe "Unha escritora, unha árbore", na que todos os anos escollemos unha árbore do noso patio á que lle poñemos o nome dun escritor ou escritora da contorna e, este ano, Marta Villar escolleu un bidueiro!!
Finalmente, rematamos a festa cunha foliada no patio, na que gaiteiros, pandereteiras e mooooitos bailaríns celebramos este día das Letras Galegas 2025. Así, entre bailes e música tradicional homenaxeamos a figura das cantareiras como transmisoras do noso patrimonio.
Comentarios
Publicar un comentario