23 de abril: Día do Libro


 

O pasado 23 de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro, Biblio A Ponte organizou unha actividade especial baixo o lema “Agasalla un préstamo!”, coa que se buscaba promover a lectura e dinamizar a participación da comunidade educativa.

O alumnado foi convidado a realizar un préstamo na biblioteca e, como parte da proposta, recibir outro libro a modo de “agasallo lector”, favorecendo así a descuberta de novos títulos e xéneros. Ademais, animouse ao estudantado a crear un vídeo en formato mp4 no que compartisen unha recomendación lectora persoal, explicando por que ese libro merece ser lido e que lles aportou como lectores. Todos os vídeos enviados levaron premio!!! Participar nun roteiro literario por Camariñas, previsto para o 18 de maio, unha actividade cultural que reforza a conexión entre lectura, territorio e patrimonio.

Con esta iniciativa, a biblioteca consolidou o seu papel como espazo dinamizador, creativo e aberto, fomentando o gusto pola lectura e a expresión oral e audiovisual entre o alumnado, en coherencia co espírito participativo e comunitario que caracteriza o centro.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

ESOPÍAS?

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"

27 de marzo, Día Mundial do Teatro