Un novo 8M


 Co gallo da celebración do Día da Muller, o equipo de Biblioteca e o Departamento de Dinamización Lingüística puxo en marcha unha nova edición da nosa xa tradicional exposición fotográfica. Unha actividade que busca visibilizar e homenaxear figuras femininas relevantes da historia, da ciencia, das artes, do deporte ou de calquera outro ámbito significativo.

A proposta consiste en que as mulleres do centro —docentes, persoal non docente e tamén as alumnas,— escollen a fotografía dunha muller que consideran inspiradora. Pode ser unha figura relacionada coa materia que imparten ou estudan, ou simplemente alguén cuxa traxectoria lles resulta significativa.

A partir desa imaxe, cada participante realizou unha fotografía propia caracterizándose como a muller elixida, imitando na medida do posible a pose, a expresión e o estilo da foto orixinal.

As imaxes están expostas no corredor de entrada do centro, acompañadas da fotografía orixinal e dunha breve biografía en galego da muller representada. Deste modo, a exposición convértese nun espazo de aprendizaxe, recoñecemento e reflexión sobre o papel das mulleres ao longo da historia e na actualidade, coa que o alumnado realizou unha actividade didáctica.

Aquí tedes unha mostra do resultado:


Comentarios