Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2021

AFOGADA

Imaxe
 Ao alumnado de 1º de Bacharelato propúxoselles a lectura dunha novela curta de Rocío Leira: Afogada . Trátase dunha novela de intriga cunha protagonista marcada polas súas altas capacidades, un carácter e personalidade complexas que a levan a finxir a súa propia desaparición e morte inculpando da mesma a terceiras persoas achegadas a ela.   O feito de que a acción da novela se desenvolva nun espazo ben coñecido polo alumnado, a cidade da Coruña, facilita un achegamento á mesma podendo facernos unha idea máis realista da acción desenvolvida na mesma. 

TRES CATORCE DEZASEIS

Imaxe
 No club de lectura de 2º ESO a intriga está a apoderarse dos seus integrantes. Tentar descubir o asasino ou asasina que se move polos espazos unversitarios composteláns está despertando un grande interese.  Nestas primerias reunións fixemos tamén un traballo de investigación sobre os diferentes conceptos matemáticos e referncias artísitcas que aparecen na novela: o home de Vitrubio, Leonardo da Vinci...

CLUBS DE LECTURA 2022

Imaxe
 Neste novo curso 2021/2022 dinamizamos os nosos clubs con novas lecturas. Contamos con máis grupos de lectura diversos, cada un con diferentes ritmos e temáticas. O club de lectura de 1º ESO aventurouse cunha primeira lectura de poesía: Nunca Mascotas de Paula Carballeira.  A partires da lectura dos poemas de Paula Carballeira, o alumnado creou as súas propias poesías apoiadas ademais por debuxos orixinais. Foi unha lectura con certa dificultade, pero que nos ofreceu a oportunidade para reflexionar sobre diversas condutas. 

24 de outubro Día das Bibliotecas

Imaxe
  Probablemente non sexamos capaces hoxe en día de nos imaxinar unha sociedade na que os libros non estean á nosa disposición grazas ao traballo das bibliotecas públicas. Desde o IES Eduardo Pondal querémosvos recordar que a nosa biblioteca está e estará sempre aberta ás vosas suxestións e encantada da vosa participación. Vídenos visitar se aínda non o fixerades este curso. A biblioteca non é só un lugar de empréstito de libros de lectura, é todo un mundo.

Un conto espantoso

Imaxe
A todo o mundo lle contaron contiños infantís cando era cativo. Neste Samaín usaremos como base das nosas historias eses contos tradicionais que calquera coñece (Carrapuchiña, Branca de Neve, O parruliño feo…), para crearmos a nosa propia versión... terrorífica. BASES DO CONCURSO - Terase en conta: * A orixinalidade (non caiades na tentac ión de irdes a San Google buscar “inspiración”) * A creación dunha verdadeira atmosfera de medo a través das vosas historias. * A presentación e a calidade da escrita. - Os relatos serán en galego e non superarán as 300 palabras. E como nos facedes chegar os vosos contos? Podedes envialos ao enderezo electrónico biblioaponte@gmail.com, poñendo no asunto "Un conto espantoso". Lembrade indicar tamén o voso nome e curso. A data límite para entregar as vosas creacións é o día 2 de novembro. A lectura compartida dos relatos terá lugar os días 4 e 5 de novembro na biblioteca. A entrega de premios anunciarémola eses días e a través do instagram. Ha...

Concurso de Cabazas

Imaxe
 

THE MOST POPULAR BOOK IN ENGLAND

Imaxe
Today we would like to recommend  Pride and Prejudice by Jane Austen (1775-1817). You can find an abridged version in our library, in the section of books written in English. We have chosen to introduce you to this novel since recently it was chosen to be the most popular book in England.  The first lines of the book are so well-known in England as our " En un lugar de la Mancha....": "It is a truth universally acknowledged that a single man in possession of a good fortune , must be in want of a wife"                                         But what is this book about? Elizabeth Bennet and her sister Jane are young, beautiful and intelligent. When wealthy bachelor Charles Bingley arrives in the neighbourhood, he  and Jane are immediately attracted to each other. His friend, Mr Darcy, handsome, rich but arrogant is impressed by Elizabeth but she does no...

CHICK COREA (1941-2021)

Imaxe
A morte  do pianista e compositor estadounidense Chick Corea aos 79 anos, deixa un vacío inmenso no mundo do jazz. Na súa traxectoria artística elevou o jazz a cotas nunca alcanzadas, traspasando os límites do xénero, probando con distintas correntes musicais e case sempre acertando. A súa osadía estaba estreitamente ligada a súa inmensa creatividade. Na súa páxina de Facebook, Chick deixou unha mensaxe agradecendo a quen lle axudara a "manter ardendo o lume da música. Teño a esperanza de que aqueles que se sintan inclinados a tocar, a escribir, a actuar, ou algo similar, o fagan. ...non é por eles mesmos, que sexa polos demáis...
Imaxe
     LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS, A CUARTA. Achégase o Día das Letras Galegas e queremos que escoitedes a voz espida da autora, Xela Arias, nun dos poemas máis coñecidos. Se estivese viva, muller comprometida, activista e rebelde como era en todos os campos, seguro que estaría cuestionando en voz ben alta nos medios ser ela a cuarta   muller homenaxeada. A cuarta. Desde 1963, nada menos. Deixo que valoredes vós.                                                           DENUNCIA DO EQUILIBRIO

SOMOS EL TIEMPO QUE NOS QUEDA

Imaxe
 Hoy nos atrevemos a recomendar un libro de poemas. Es un intento de apelar al sentimiento y al lirismo en un momento histórico en que la poesía pasa de puntillas por nuestras vidas. Y así os proponemos la antología poética de José Manuel Caballero Bonald, que el mismo titula con uno de sus versos " Somos el tiempo que nos queda" . El propio poeta indica que aquí aparecen los textos que él considera esenciales en su producción literaria y que al lector le servirán como guía de peregrinaje por la poesía española de la segunda mitad del siglo XX. Y para muestra, un botón: Tengo bastante con vivir No me hace falta más que un poco de fe, que una mezquina veta de esperanza, que un resquicio de caridad, para poder seguir llamándote como ahora te llamo: patria impía, piel aciaga de amor, vida quemada en cada sueño, palabras repetidas contra un muro de azar. Aquí mi sed se sacia con mi sed. No necesito nada: tengo bastante con vivir.

TAL DÍA COMO HOXE... fai 122 anos

Imaxe
             O 6 de maio de 1899 oficializábase o nacemento dun fármaco estrela: a aspirina! A protagonista e o lugar? a empresa química Bayer, fundada en Barmen (Alemaña) en 1863 que tras máis de 35 anos de experiencia inscribiu no rexistro de patentes de Berlín a fórmula do ácido acetilsalicílico quedando así coa totalidade dos dereitos que supoñía a súa comercialización. Pero... tería existido a famosa “aspirina” de non terse fundado esta empresa?      O certo é que a orixe deste recoñecido fármaco remóntase bastantes anos antes do momento da súa patente. Existen teorías que apostan que xa os neandertais coñecían o ácido acetilsalicílico e a súa aplicación médica comprobouse na Idade Antiga: en papiros de farmacoloxía faraónica exipcia do segundo milenio a.C xa se alude á elaboración de medicamentos feitos de sauce e outras prantas. Máis tarde (cara o ano 400 a.C) o médico grego Hipócrates referiuse tamén ao uso do té como remedi...

JOURNÉE MONDIALE DE LA LIBERTÉ DE LA PRESSE

Imaxe
 Aujourd'hui a lieu la Journée mondiale de la liberté de la presse (JMLP) 2021                                                                                       Source: Fenêtre sur cours La liberté de la presse est un droit fondamental. Certains pays en sont privés. En France, la liberté de la presse reste fragile. Mais elle est reconnue. Ce n'est pas pour autant que les journalistes peuvent en abuser... Vous voulez en savoir plus? Et bien cliquez sur la vidéo suivante: Autre lien d'intérêt: -  Cartooning For Peace , réseau international de dessinateurs de presse engagés qui combattent, avec humour, pour le respect des cultures et des libertés.

BERNARDA, MALASOMBRA

Imaxe
  A casa de Bernarda Alba , texto teatral de Lorca, é un clásico para todos nosoutros. Mais por ser clásicos non queremos dicir intocables. É por iso que vos recomendamos a revisión que desta peza inmortal fai a compañía Malasombra e que poderedes ter a oportunidade de ver o vindeiro 8 de maio en Carballo. Esta produción fíxose con varios premios María Casares 2020 e expón o conflito de dúas xeracións distintas de mulleres e expón ese choque xeracional entre pais e fillos rodeado dunha realidade inevitable como é o proceso de transformación da sociedade e a súa influencia despois da ditadura franquista.

LA LA LAND ou a que estás disposto a renunciar por lograr os teus soños!

Imaxe
 Hoxe traemos para cambiar un pouquiño a rutina das recomendacións de series, un filme. Trátase de La la land. A cidade das estrelas . A golpe dunha banda sonora memorable e dúas excelentes interpretacións por parte de Ryan Gosling e Emma Stone, o director Damien Chazelle constrúe unha obra memorable e que arrasou nos premios Oscar do 2017. Nunca fun un devoto dos musicais pero teño que dicir que cando saín do cine, as melodías non deixaban de arrolar na miña cabeza e desde aquelas en moitas ocasións regreso a escoitar as pezas maxistrais do autor da banda sonora, Justin Hurwitz.  Canto a historia: o amor de dous raparigos soñadores que intentan abrirse paso no difícil mundo do espectáculo; esa paixón loita por sobrevivir na selva que é o mundo de Hollywood pero...  Teredes que ver a película para coñecer o final.

CROMÁTICA

Imaxe
Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea na Fundación Abanca, na Coruña. O efecto que as cores teñen sobre as persoas, as emocións e sensacións que provocan en nós, xogan un papel moi importante na nosa psicoloxía e no noso estado de ánimo. Esta exposición apórtanos optimismo, vitalidade, creatividade e a ilusión tan necesaria sempre e en especial nestes tempos. A mostra recolle algúns dos ilustradores máis destacados da creación contemporánea, tanto a nivel galego coma nacional e internacional, tendo especial presenza as mulleres ilustradores. Matilde Rodríguez exerce como comisaria da exposición, e a súa selección de obras de Agathe Sorlet, Coco Dávez,  Abi Castillo, Conrad Roset ou David Méndez Alonso conviven nesta mostra que pasa do abstracto ao figurativo con soltura e empregando sempre a cor como principal medio de expresión.  A ilustración abórdase na mostra en diferentes formatos e técnicas: videoxogo, témpera, colaxe, cerámica, animación...ofrecendo un perco...

PARA CREAR EN GALEGO

Imaxe
 Son varios os concursos literarios e culturais que nos están chegando estes días para que vos animedes a participar e amosar a vosa capacidade creativa en diferentes ámbitos:  - Concurso Contos de primavera ,  organizado por La Voz de Galicia e Radio Voz e patrocinado por Calvo, é unha aportunidade para expresar o voso talento literario a través dun relato dunha extensión máxima de 2000 caracteres cunha temática relacionada con aspectos paisaxísticos, etnográficos, históricos ou patrimonias da Costa da Morte. O tempo úrxevos xa que o prazo remata o 30 de abril, mais aínda estamos a tempo de presentar as vosas creacións.  - Tamén de relatos vai o 6º Concurso  "Balbino" , neste caso tedes ata o 30 de xuño para presentar un relato  máis ambicioso e optar a un premio que ascende aos 1500 euros así como a publicar a vosa obra. Toda a información podedes atopala  facendo clic no seguinte enlace  6º Concurso "Balbino" de Relatos .  - IV Concurso de...

NOVAS LECTURAS NOS CLUBS

Imaxe
 Entramos xa no trimestre final do curso e os diferentes clubs de lectura seguen a estar moi activos, novas lecturas y tamén proxectos relacionados coas anteriores agroman nestes días.  O club de lectura de 1º de ESO rematou coa súa segunda lectura, Invisible de Eloy Moreno e está a pensar no seu próximo libro, mentras seguen a rematar os proxectos relacionados tanto co primeiro libro Plan de rescate como coa obra de Eloy Moreno.  Con esta novela, que está a ter un enorme éxito entre o público xuvenil, tivemos a oportunidade de reflexionar sobre bullying Mentras o club de lectura de 2º ESO segue pendente do encontro previsto coa autora da súa primeira lectura, Eli Ríos, así como xa comezaron coa seguinte lectura, Europa Express de Andrea Maceiras. Por outra banda, os participantes do club de lectura de ciencias iniciaronse tamén na súa segunda novela, A evolución de Calpurnia Tate. Calpurnia, Callie Vee, é unha nena que vive nun pobo de Texas. A pesar de que súa nai in...

23 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

Imaxe
Hoxe estamos de festa! Hoxe o libro está de celebración, e iso fainos unha especial ilusión a todas as persoas amantes da lectura. Este ano é algo especial, cada un coas nosas circunstancias vemos mermadas as nosas actividades no exterior polas limitacións derivadas da pandemia. Moitas escolas en todo o mundo están ou estiveron pechadas e as persoas en xeral pasamos mais tempo nas nosas casas. É unha oportunidade estupenda para deixarnos levar pola lectura. Sempre temos algún libro desexando ser lido no vagón de cola, ou incluso algún do que nos apetece unha segunda lectura...ou terceira... O 23 de abril é un día especialmente simbólico para a literatura mundial xa que ese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Esta data tamén coincide co nacemento ou pasamento doutros escritores ilustres.  Por este motivo, no ano 1995, a UNESCO decidiu proclamalo como "Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor". Cada vez mais países súmans...

CERVANTES AND SHAKESPEARE

Imaxe
                                                                                                                          Cervantes and Shakespeare  In twelve days we will be celebrating World Book Day, celebrated on the 23rd of April since 1995.  This date was chosen because  it marks the death of two major writers: William Shakespeare (1564-1616) and Miguel de Cervantes (1547-1616).  However, this is not completely true. Therefore, we would like to clarify this "misunderstanding." Although the two writers were contemporaries, they did not actually pass away on the same day, since the United Kingdom and Spain had...

AMAR NON TEN LARANXAS

Imaxe
  Foi o sábado pasado, 3 de abril, no centro cívico de Malpica: unha pequena introdución e a lectura dramatizada dalgúns fragmentos. Coas limitacións que impón o coronavirus, a asociación Caldeirón presentaba unha edición de Amar non ten laranxas moi coidada, desas nas que o propio libro é obxecto artístico. Unha oportunidade para coñecer esta peciña teatral, ademais da publicada no 1994 nos cadernos da escola dramática galega, que se inclúe en edición facsímil. Con portada do fotógrafo Peter Schneider e deseño de Abraham Vila, a obra camiña entre a lenda e o relato oral nas áreas costeiras que falan de afundimentos provocados nos tempos da fame. Ficción ou non, unha interesante reflexión sobre o difícil que é manter a ética cando a fame revira os intestinos. Tampouco fala o amor e a metaliteratura, as alusións aos grandes clásicos ambientados nas viaxes… Unha lectura recomendable para este terceiro trimestre.                 ...

La Lindona de Galicia

Imaxe
Para conmemorar o Día Mundial do Teatro de 2021, O Consello da Cultura Galega recuperou un texto excepcional. O dramaturgo Andrés de Claramonte escribiu a principios do século XVII a obra  La Lindona de Galicia , unha peza teatral moi poucou coñecida na actualidade pero que conta con tres dimensións singulares para a nosa cultura: está ambientada nas loitas medievais polo trono de Galicia, nela a lingua galega convive en normalidade co castelán e descubrimos a unha gran personaxe literaria: a Lindona, unha poderosa e independente muller, gobernadora de facto do reino de Galicia. No especial preparado polo CCG poderá acceder a diferentes contidos que permiten coñecer esta sobranceira peza teatral, e que se publicarán na súa web e nas redes sociais do Consello da Cultura Galega entre o venres 25 de marzo e o martes 2 de abril de 2021, como a primeira ficción sonora producida pola institución, ou artigos de contexto elaborados por reputados especialistas sobre a obra, a Galicia da ép...

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

Imaxe
Desde 1954 todos os anos, organizado por ITI, o Teatro das Nacións de París comezaba a súa tempada o 27 de marzo. Tratábase dun megaevento que buscaba acadar unha comuñón entre países despois da finalización da Segunda Guerra Mundial. O Instituto Internacional do Teatro, a institución encargada ata hoxe do Día Mundial do Teatro, é a organización artística máis grande do mundo. Creouse en 1948 por artistas, expertos teatrais e a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco, pola súa sigla en inglés) e é actualmente unha organización sen fins de lucro. Sete anos despois, en 1961, foi elixido ese día como o día Mundial do Teatro e tivo a súa celebración en 1962. Convidado pola UNESCO, cada apertura tiña (e ten) como convidada ou convidado unha prestixiosa figura de talle mundial que comparte unha mensaxe sobre a arte, o teatro e a cultura, que se le en todas as salas do mundo e se traduce a vinte idiomas. Esa mensaxe foi pronunciado por primeira vez o 27...

REAPERTURA DE MUSEOS

Imaxe
Agora que semella que as cousas van mellorando e podemos saír pasear e revisitar a cidade, aproveitando que os museos voltan abrir as súas portas, achégovos o enlace á información dos museos da cidade da Coruña.  Podemos atopar un amplo abano de posibilidades, dende a Torre de Hércules ao MUNCYT, pasando polo Museo Arqueolóxico, Museo da Arte Sacra, Museo de Belas Artes, Museo Militar, Museo dos Reloxos, Arte Contemporánea... Dende a páxina de turismo do concello da Coruña accedemos a toda a información necesaria para planificar unha visita sen sorpresas, xa que debido a situación actual en moitos deles hai que reservar a entrada con antelación.

MÓVETE CO GALEGO!

Imaxe
  Seguimos animándovos a participar en novos concursos nos que se incentive o uso do galego. Desta vez imos cun certame dirixido ao alumando dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega fóra de Galicia que estea cursando 3º , 4º da ESO ou Bacharelato.  Trátase do concurso de vídeo Móvete posto en marcha polo Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) que conmemora este 2021 o seu 50 aniversario.  O obxectivo deste concurso é, primeiramente, incentivar o uso do galego e, tamén, dar a coñecer o ILG entre a xente nova.  O prazo para participar está aberto ata o 31 de maio deste ano. Podedes participar de xeito individual ou en grupo, os vídeos deberán ser inéditos e non poderán susperar os dous minutos de duración nin os 300MB de tamaó. Os temas que se propoñen para o a creación de pezas audiovisuais son Móvete co galego , Conmóvete co galego e Promove o galego . Os vídeos difundiranse a través das contas de Instagram e Twitter do ILG a través da súa cale de YouT...

SEMENTANDO NOVOS COMEZOS

Imaxe
 Chegamos á fin  da lectura intensa de Remexido de Patacas no club de 3º ESO  e, xusto coincidindo coa semana do 8 de marzo, a nosa compañeira e profesora Paula Cousillas déixanos esta reflexión sobre esta curta pero profunda novela: Despois de tanto tempo, Ana acabou por ser consciente das cadeas invisibles que apreixaban o seu corpo e o seu espírito a unha vida angustiosa e ensanguentada da que semellaba non ter azos para poder fuxir. A cociña, o espazo de reclusión no que a muller estivo secularmente ancorada, será tamén o espazo clave a través do cal a conciencia intentará agromar unha e outra vez, co obxectivo de que a nosa protagonista poida finalmente espertar do pesadelo no que se vira sometida toda unha vida. Remexido de patacas de Eli Ríos pon voz a todas aquelas mulleres que coñecemos e que se ven afogadas nunha relación machista e que, ao mesmo tempo, son incomprendidas por parte dunha sociedade que non acaba de entender ese sometemento no que están inst...

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

Imaxe
Un ano máis a colaboración do equipo de Biblioteca e o Departamento de Dinamización Lingüística tráenos a exposición de fotografía do 8 de marzo. Xa vai mais dunha década dende que comezamos con este proxecto que este ano achega a 16 mulleres relevantes e imprescindibles para a historia do feminismo. O Día da Muller foi instaurado en 1917 por Nacións Unidas e segundo a versión máis estendida, conmemora os sucesos ocorridos en 1908 en Nova Iorque, cando un grupo de costureiras industriais se declararon en folga para protestar polas súas condicións laborais, pedindo un aumento dos salarios e a redución da xornada laboral. Durante esta folga 129 mulleres morreron queimadas nun incendio na fábrica Cotton Textile Factory, provocado polos donos. Na actualidade, o 8 de marzo converteuse nun día de reivindicación por unha igualdade real entre homes e mulleres nos ámbitos laboral, social e político. E desde o noso instituto, un ano máis, lévase a cabo esta actividade en defensa dos dereitos das...

ANITA BORG (1949-2003)

Imaxe
Hoxe ímovos presentar a Anita Borg. Unha importante científica estadounidense que sempre loitou por incrementar o número de mulleres no mundo STEM. Anita Borg conseguiu o seu primeiro traballo en programación en 1969 e doutorouse en Ciencias da Computación na Universidade de Nova York en 1981. A súa tese tratou sobre a eficiencia da sincronización nun sistema operativo. Tras doutorarse, Borg pasou catro anos desenvolvendo un sistema operativo baseado en Unix, primeiro para Auragen Systems Corporation de Nova Yersei e despois con Nixdorf Computer en Alemania. En 1986 incorporouse a Digital Equipment Corporation, onde traballou 12 anos e alí desenvoveu e patentou un método para xerar rastros de direccións completas para a análise e desño de sistemas de memoria de alta velocidade. Como enxeñeira consultora no Laboratorio de Sistemas de Rede, xunto a Brian Reid, desenvolveu MECCA, un sistema baseado na Web e correo electrónico para a comunicación nas comunidades virtuais. En 1997, Borg com...

TEATRO NUN PODCAST

Imaxe
 A pandemia freou as nosas posibilidades de irmos ao teatro, mais non por iso o teatro parou. As redes sociais son un medio espectacular para nos mantermos informadas do que acontece coas artes escénicas mentres o mundo fica en pausa. Son tempos de repensar con calma a profesión, de artellar proxectos sen présas ou de crear foros de debate como este que vos propoñemos: o teatro como eixe temático dun podcast. As persoas detrás da conta @lapisepapel_gal manteñen viva a súa actividade, difundindo as últimas novas do mundo do teatro a través dun podcast e dunha canle no  youtube Se ben xa nos tarda volvermos aos teatros para ver teatro ao vivo, este é un xeito estupendo de manteren o seu público informado sobre o que está a acontecer agora mesmo.

COMPOSITORAS FABULOSAS (E SILENCIADAS)

Imaxe
  "Houbo un tempo no que eu crin ter talento creativo, pero renunciei a esa idea; unha muller non debe ter o desexo de compoñer: se ningunha puido facelo, por que vou poder eu?" Este texto foi escrito por Clara Wieck pouco antes de casarse con Robert Schumann e convertirse en Clara Schumann, unha das compositoras e intérpretes máis valoradas pola tradición musical, pero de ningunha forma á altura do que lle correspondería, segundo a crítica actual. Desde este 8M o meu recordo a todas esas mulleres que decidiron adicarse ao mundo da composición musical, coñecendo o seu futuro incerto . Houbo un tempo no que as mulleres con talento eran consideradas "anxos dotados"  non profesionalmente, e a súa música era obstinadamente recluída no ámbito privado. De ahí que moitas das súas obras non chegaran ata os nosos días. Mulleres coma Francesca Caccini, Barbara Strozzi, Elisabeth Jacquet de la Guerre, Marianna Martines, Fanny Hensel, Clara Schumann, Lili Boulanger e Elizabeth ...

MARY WOLLSTONECRAFT, ONE OF THE FIRST FEMINISTS

Imaxe
                                                    Mary Wollstonecraft, one of the first feminists. Since today is International Women's Day, we will like to remember Mary Wollstonecraft (1759-1797) since she is regarded as one of the founding feminists. Wollstonecraft is best kown for her work A Vindication of the Rights of Woman(1792), in which she declares that women are not born inferior to men, but appear to be so because they lack education. She also argues that both men and women should be treated as rational beings and receive the same type of education. She always defended the independence of women and defied all sorts of conventionalisms. She even set up a school for women in which she tried to teach the same subjects men were taught and not only superficial ones. Unfortunately she had to close it down due to financial di...

ARSÈNE LUPIN

Imaxe
  Hoy os traemos una novela clásica que ha vuelto a tener éxito editorial gracias a su adaptación televisiva. Se trata de Arsène Lupin. Caballero ladrón,  del escritor Maurice Leblanc (1864-1941). En esencia, sería el trasunto a la francesa del famoso Sherlock Holmes de Sir Arthur Conan Doyle. Esta nueva edición del libro recoge los nueve primeros relatos del carismático ladrón de guante blanco. Tan popular y emblemático como Sherlock Holmes o acaso más, Arsène Lupin es un personaje inolvidable, convertido ya en leyenda. Experto en derecho y medicina, diestro en artes marciales, además de prestidigitador y auténtico seductor, Lupin es un héroe de los bajos fondos a quien nadie gana en sagacidad. Ánimo con esta lectura detectivesca!!!

TAL DÍA COMO HOXE... fai 200 anos

Imaxe
                      O 2 de marzo de 1821 España se iniciaba na loita pola adquisición dos dereitos dos obreiros.  Os protagonistas: uns mil douscentos campesiños e xornaleiros que, en tempos mortos, intentaban compensar os escasos beneficios que obtiñan da agricultura cardando e fiando lá dende as súas casas .  O lugar: Alcoy, un municipio da provincia de Alicante que por aquel momento contaba con case 11.000 habitantes . A principios do século XIX a dinámica económica de Alcoy era unha excepción dentro de España: si ben a maioría do país continuaba a vivir dos recursos que aportaba o sector primario neste pequeno municipio valenciano aparecían as primeiras fábricas téxtiles e a poboación que se dedicaba a esta actividade (48%) era máis da que se empregaba na agricultura (33%) . Pero... como fora posible que un territorio como Alcoy comezara a seguir o exemplo doutras grandes cidades industriais como Barcelo...