AMAR NON TEN LARANXAS

 


Foi o sábado pasado, 3 de abril, no centro cívico de Malpica: unha pequena introdución e a lectura dramatizada dalgúns fragmentos. Coas limitacións que impón o coronavirus, a asociación Caldeirón presentaba unha edición de Amar non ten laranxas moi coidada, desas nas que o propio libro é obxecto artístico. Unha oportunidade para coñecer esta peciña teatral, ademais da publicada no 1994 nos cadernos da escola dramática galega, que se inclúe en edición facsímil.

Con portada do fotógrafo Peter Schneider e deseño de Abraham Vila, a obra camiña entre a lenda e o relato oral nas áreas costeiras que falan de afundimentos provocados nos tempos da fame. Ficción ou non, unha interesante reflexión sobre o difícil que é manter a ética cando a fame revira os intestinos. Tampouco fala o amor e a metaliteratura, as alusións aos grandes clásicos ambientados nas viaxes…

Unha lectura recomendable para este terceiro trimestre.

                                                                                        Foto: Basilio Bello

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/malpica-de-bergantinos/2021/04/04/presentacion-homenaje-malpica-fallecido-poeta-paco-souto/00031617570310855116591.htm

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"