AFOGADA

 Ao alumnado de 1º de Bacharelato propúxoselles a lectura dunha novela curta de Rocío Leira: Afogada.

Trátase dunha novela de intriga cunha protagonista marcada polas súas altas capacidades, un carácter e personalidade complexas que a levan a finxir a súa propia desaparición e morte inculpando da mesma a terceiras persoas achegadas a ela.


 

O feito de que a acción da novela se desenvolva nun espazo ben coñecido polo alumnado, a cidade da Coruña, facilita un achegamento á mesma podendo facernos unha idea máis realista da acción desenvolvida na mesma. 


Comentarios