TAL DÍA COMO HOXE... fai 122 anos

 

          O 6 de maio de 1899 oficializábase o nacemento dun fármaco estrela: a aspirina! A protagonista e o lugar? a empresa química Bayer, fundada en Barmen (Alemaña) en 1863 que tras máis de 35 anos de experiencia inscribiu no rexistro de patentes de Berlín a fórmula do ácido acetilsalicílico quedando así coa totalidade dos dereitos que supoñía a súa comercialización.

Pero... tería existido a famosa “aspirina” de non terse fundado esta empresa?


    O certo é que a orixe deste recoñecido fármaco remóntase bastantes anos antes do momento da súa patente. Existen teorías que apostan que xa os neandertais coñecían o ácido acetilsalicílico e a súa aplicación médica comprobouse na Idade Antiga: en papiros de farmacoloxía faraónica exipcia do segundo milenio a.C xa se alude á elaboración de medicamentos feitos de sauce e outras prantas. Máis tarde (cara o ano 400 a.C) o médico grego Hipócrates referiuse tamén ao uso do té como remedio para reducir a febre e a corteza de sauce. En ambos casos, moían esas prantas ricas en salicilato e as convertían en polvo de cristais de sal pero, co tempo, irritaban o estómago e causaban unha enfermidade moi estendida no momento: as hemorroides.

    Máis info: https://elpais.com/elpais/2017/03/08/ciencia/1488991377_990681.html

Durante a Idade Media o produto quedou esquecido e no s.XVIII recuperouse o emprego deste extracto vexetal con este e outros fins como reducir a dor e as inflamacións. Estes primeiros pasos científicos foron levados a cabo polo británico Edmund Stone, quen un 25 de abril de 1763 descubriu o ingrediente activo e informou ao Presidente da Royal Society de Londres ter atopado “un poderoso astrinxente moi eficaz na cura da quentura da febre intermitente”. En 1829 o farmacéutico francés Henri Leroux logrou extraer do sauce a salicilina  e, anos máis tarde, outro químico francés sintetizou por primeira vez o ácido acetilsalicílico. O que quedaba claro era, por tanto, que os coetáneos de distintas etapas da historia chegaran á mesma conclusión sobre a utilidade daquel produto e os farmacéuticos do s.XIX comezaron a experimentar coa utilidade do ácido salicíco que se obtiña do sauce.

 
    

Foi Felix Hoffman, un traballador dunha empresa química alemá quen en 1897, con 29 anos, quen obtivo de forma pura o ácido acetilsalicílico cunha fórmula que non provocaba danos no estómago. A súa obsesión fora non tanto profesional, senón persoal: aliviar a dor que a artrite lle provocaba ao seu propio pai. Empregou a pranta orixinal, a ulmaria, da cal tomou o nome científico “Spireaea ulmaria” como “aspirina”.


Non tivo que pasar moito tempo para que a aspirina se convertera nun dos medicamentos máis populares do momento, coñecido como “os polvos milagrosos alemáns”. Así pois, a primeira vez que este medicamento apareceu como comprimido foi en 1915, xogando un papel imprescindible para os soldados que loitaban na fronte no contexto da Primeira Guerra Mundial. A súa popularidade aumentou aínda máis ao principio da pandemia da gripe española de 1918. Os beneficios destes “polvos máxicos” parecía non medrar de forma exponencial pero, neste mesmo momento, expirou a patente de Bayer e a aspirina comezou a ser producida por numerosas empresas.


En 19945 Bayer recuperou a propiedade da marca e fixo como súas tanto o nome como o logo. Estímase que, dende un día como hoxe de fai 122 anos (6 de maio de 1899) téñense fabricado máis de 350 billóns de comprimidos deste “medicamento universal”

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"