23 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

Hoxe estamos de festa! Hoxe o libro está de celebración, e iso fainos unha especial ilusión a todas as persoas amantes da lectura.

Este ano é algo especial, cada un coas nosas circunstancias vemos mermadas as nosas actividades no exterior polas limitacións derivadas da pandemia. Moitas escolas en todo o mundo están ou estiveron pechadas e as persoas en xeral pasamos mais tempo nas nosas casas. É unha oportunidade estupenda para deixarnos levar pola lectura. Sempre temos algún libro desexando ser lido no vagón de cola, ou incluso algún do que nos apetece unha segunda lectura...ou terceira...

O 23 de abril é un día especialmente simbólico para a literatura mundial xa que ese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Esta data tamén coincide co nacemento ou pasamento doutros escritores ilustres. 

Por este motivo, no ano 1995, a UNESCO decidiu proclamalo como "Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor". Cada vez mais países súmanse a esta celebración, e hoxe millóns de persoas festexamos esta data.

A UNESCO nomea cada ano unha "Capital Mundial do Libro", galardón que este ano recaerá en Tiflis (Georgia). A súa capitalidade empeza hoxe e durará ata o 22 de abril do próximo ano. Este galardón conleva o compromiso da realización de actividades importantes realizadas a gran escala e sostibles. O lema escollido pola cidade é: "Ok, entón o teu próximo libro é?". Este proxecto céntrase no emprego das tecnoloxías modernas como poderosas ferramentas para incentivar a lectura entre os xóvenes.

Neste enlace podedes atopar o kit de comunicación da UNESCO para a celebración deste día.

Feliz día e moitas lecturas!!!




Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"