Un conto espantoso

A todo o mundo lle contaron contiños infantís cando era cativo. Neste Samaín usaremos como base das nosas historias eses contos tradicionais que calquera coñece (Carrapuchiña, Branca de Neve, O parruliño feo…), para crearmos a nosa propia versión... terrorífica.
BASES DO CONCURSO
- Terase en conta:
* A orixinalidade (non caiades na tentac


ión de irdes a San Google buscar “inspiración”)
* A creación dunha verdadeira atmosfera de medo a través das vosas historias.
* A presentación e a calidade da escrita.
- Os relatos serán en galego e non superarán as 300 palabras.
E como nos facedes chegar os vosos contos? Podedes envialos ao enderezo electrónico biblioaponte@gmail.com, poñendo no asunto "Un conto espantoso". Lembrade indicar tamén o voso nome e curso.
A data límite para entregar as vosas creacións é o día 2 de novembro.
A lectura compartida dos relatos terá lugar os días 4 e 5 de novembro na biblioteca. A entrega de premios anunciarémola eses días e a través do instagram.
Haberá premios para as dúas categorías:
- Arrepiantes: 1ºESO, 2ºESO e 3ºESO
- Terroríficos: 4ºESO, 1ºBACH e 2ºBACH

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"