PARA CREAR EN GALEGO

 Son varios os concursos literarios e culturais que nos están chegando estes días para que vos animedes a participar e amosar a vosa capacidade creativa en diferentes ámbitos: 

- Concurso Contos de primavera,  organizado por La Voz de Galicia e Radio Voz e patrocinado por Calvo, é unha aportunidade para expresar o voso talento literario a través dun relato dunha extensión máxima de 2000 caracteres cunha temática relacionada con aspectos paisaxísticos, etnográficos, históricos ou patrimonias da Costa da Morte. O tempo úrxevos xa que o prazo remata o 30 de abril, mais aínda estamos a tempo de presentar as vosas creacións. 



- Tamén de relatos vai o 6º Concurso  "Balbino", neste caso tedes ata o 30 de xuño para presentar un relato  máis ambicioso e optar a un premio que ascende aos 1500 euros así como a publicar a vosa obra. Toda a información podedes atopala  facendo clic no seguinte enlace 6º Concurso "Balbino" de Relatos

- IV Concurso de Booktrailers, un certame organizdo polo IES Pontepedriña de Santiago de Compostela, co apoio da SXPL, pra fomentar a lectura e a cretividade audivisual en galego. Teredes de prazo ata o 17 de maioo para remitir as vosas gravacións ao seguinte enderezo: endlpontepedrina@gmail.com e aoparedes toda a información no seguinte enlace: Bases Booktrailers.

- Por último recordamos de novo que aínda está vixente coa convocatoria Móvete, concurso de vídeos promovido polo Instituto da Lingua Galega, dirixido a alumnado de 3º e 4º ESO, Bacharelato ou un cilco de FP Básica ou de Grado Medio,. Os traballos non poden superar os 2 mintuos nin 300 MB e o prazo para presentalos remata o 31 de maio. Contades tamén con máis información no seguinte enlace Móvete.

Son variadas as posibilidaes que tedes de expresar a vosa creatividade e imaxinación, animádevos e non deixedes pasar estas oportunidades!

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"