LA LA LAND ou a que estás disposto a renunciar por lograr os teus soños!

 Hoxe traemos para cambiar un pouquiño a rutina das recomendacións de series, un filme. Trátase de La la land. A cidade das estrelas. A golpe dunha banda sonora memorable e dúas excelentes interpretacións por parte de Ryan Gosling e Emma Stone, o director Damien Chazelle constrúe unha obra memorable e que arrasou nos premios Oscar do 2017. Nunca fun un devoto dos musicais pero teño que dicir que cando saín do cine, as melodías non deixaban de arrolar na miña cabeza e desde aquelas en moitas ocasións regreso a escoitar as pezas maxistrais do autor da banda sonora, Justin Hurwitz. 


Canto a historia: o amor de dous raparigos soñadores que intentan abrirse paso no difícil mundo do espectáculo; esa paixón loita por sobrevivir na selva que é o mundo de Hollywood pero... 

Teredes que ver a película para coñecer o final.



Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"