YOTUBEIR@S: A EXPANSIÓN DO GALEGO NA REDE.

Nesta ocasión gustaríanos darvos a coñecer unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo, Rianxo e O Grove, das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña: Yotubeir@s. Youtubeir@s é un proxecto de visibilización para os creadores e creadoras en galego, dende obradoiros ata coloquios, debates, xogos, viaxes, experimentos para a proxección do galego como lingua viva na rede. Dende o 2016 ano no que comezou a súa andadura este proxecto, acaba de darse a coñecer as gañadoras e gañadores da IV edición dende o premio ao mellor youtubeir@ ao premio canle, o premio vídeo, á calidade lingüística, á comunicación, ao vídeo musical...en definitiva, toda unha expresión artística e cultural que busca animar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos coa finalidade de dar visibilidade á produción en galego e á comunidade youtubeira.Velaí una pequena mostra dos premiados:
De cara a V edición do proxecto estaremos atentos, quen sabe se algún de vós se anima a participar!

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"